Saltar navegación

3.6. Especies en perigo

Que está a pasar cos animais?

Durante estes días estiveches explorando o mundo dos animais, tanto os vertebrados como os invertebrados. Sabes que cada un deles ten características únicas que os fan especiais. Por desgraza, moitos destes animais están en perigo de extinción ou son vulnerables.

No seguinte vídeo poderás ver moi de preto, utilizando lentes de realidade virtual ou movendo o rato do ordenador, algúns animais do planeta como quenlla balea, rinocerontes de Xava ou elefantes asiáticos entre outros, que están incluídos na Lista Vermella da UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza):

Sabías que algúns dos animais incluídos na lista viven aquí, en Galicia, nos nosos montes, ríos ou costas? Por exemplo, o oso pardo, a aguia real, o esturión, o sapoconcho común, a píntega rabilonga ou a bolboreta arlequín entre eles. 

Que pasaría se algúns destes animais desaparecesen para sempre? Cres que os humanos temos algo que ver coa desaparición dalgunhas especies? 

Lectura facilitada

Todos os animais teñen características únicas.

Moitos animais están en perigo de extinción.

Estes animais están incluídos na Lista Vermella da UICN.

A UICN é a Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Algúns animais da lista son de Galicia.

Que pasaría se desaparecesen?

As persoas teñen algo que ver?

Cinco ameazas e unha solución: nós

En moitos casos, os seres humanos temos parte da responsabilidade na desaparición dalgunhas especies. A destrución dos seus hábitats, a contaminación, o cambio climático, a introdución de especies invasoras ou a caza excesiva fan que cada vez sexa máis difícil para estes animais sobrevivir.

Pero a boa noticia é que aínda estamos a tempo de evitalo! Pequenos xestos, como coidar a natureza, reciclar, reducir o consumo de plásticos e respectar os espazos naturais, poden marcar a diferenza. Xuntos podemos ser parte da solución! Cada pequeno xesto conta!

Lectura facilitada

Os seres humanos somos culpables da desaparición dalgunhas especies debido:

  • á caza e pesca descontrolada,
  • a cortar demasiadas árbores,
  • a introducir novas especies que non son do lugar,
  • a contaminar os bosques, ríos e mares e
  • ao uso de combustibles fósiles como o petróleo ou o carbón natural que producen cambios no clima.

Podemos evitar isto se:

  • coidamos a natureza,
  • reciclamos,
  • utilizamos menos plásticos e
  • respectamos os espacios naturais.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)