Saltar navegación

5.2. Reflexiona para mellorar

Debate, reflexión e análise

Despois de todo o traballo de investigación, preparación dos carteis, creación dos xogos e organización da exposición, chegou o momento de valorar o resultado final.

Unha das formas de saber que impacto tivo o traballo de todos os equipos, é analizar o que escribiron as nenas, nenos e familias no Panel de Compromisos e Opinións.

Por iso, ti e o teu equipo, ides facer un pequeno debate no que reflexionaredes sobre estes aspectos:

  • Que compromisos e opinións deixaron os visitantes? Hai ideas ou compromisos que vos chamaron a atención?
  • Que valoracións positivas fixeron sobre a exposición? Que cousas pensades que gustaron máis?
  • Houbo comentarios que sinalen aspectos para mellorar? Por que credes que eses aspectos poderían mellorarse?
  • Que propostas de mellora podedes facer para próximas exposicións? Que fariades doutro xeito se repetísemos este proxecto?

Ademais, faredes unha reflexión conxunta entre todos os grupos sobre todo o proceso vivido: que aprendestes, que foi difícil, que cousas vos gustaron máis e que habilidades desenvolvestes ao longo do proxecto.

Dous nenos e dúas nenas sentados en cadeiras en círculo falando.

Anotade as conclusións e as propostas de mellora no Diario de aprendizaxe do voso grupo. 

Lembrade que todas as opinións son importantes e que debedes escoitar, respectar e valorar o que pensan os demais.

    Lectura facilitada

    Agora, toca revisar o que escribiron no Panel de Compromisos e Opinión as nenas, nenos e familias que visitaron a vosa exposición.

    Tedes que ter en conta:

    • Que compromisos deixaron.
    • Se houbo comentarios positivos.
    • Se hai algún comentario negativo.

    Pensade nos motivos que poden explicar as puntuacións positivas e negativas.

    Recollede propostas de mellora para superar esas puntuacións negativas.

    Reflexionade sobre as cousas que saíron ben e as que non saíron como estaba previsto.

    Expón as túas propostas ao grupo, entre todas e todos podemos perfeccionar o proxecto.

    Todas as opinións son importantes.

    Tes que escoitar, respectar e valorar o que pensan os demais.

    Recolle esta análise coas propostas de mellora no teu diario de aprendizaxe.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)