Características
Os mamíferos están presentes en case todos os ecosistemas, dende os océanos ata as montañas, pasando polos desertos e as selvas. Algúns son pequenos como os ratos, mentres que outros, como as baleas, son os animais máis grandes da Terra. Pero a pesar de ser un dos grupos máis diversos, todos teñen unhas características en común:
Resumindo:
- O seu corpo está cuberto de pelo, aínda que en diferente cantidade segundo a especie.
- Respiran por pulmóns, incluso os que viven no mar, como os golfiños e as baleas.
- A maioría son vivíparos, é dicir, nacen do ventre da nai (agás algúns como o ornitorrinco, que pon ovos).
- Teñen glándulas mamarias, que producen leite coas que as femias alimentan as crías.
- E ademais, son de sangue quente, polo que poden regular a súa temperatura corporal.

Lectura facilitada
Os mamíferos viven en moitos lugares: mares, montañas, desertos e selvas.
Poden ser pequenos como ratos ou enormes como baleas.
Características comúns dos mamíferos:
- Corpo cuberto de pelo.
- Respiran por pulmóns.
- A maioría son vivíparos, nacen do ventre da nai.
- Teñen glándulas mamarias.
- Son de sangue quente.
Imaxe dunha cabra con frechas sinalando:
- Os pulmóns.
- O pelo.
- A cola.
- As catro extremidades.
- As glándulas mamarias

Audio
Sabías que?
- O corazón da balea azul é tan grande como un coche e pode chegar a pesar 180 kilos?
- Os elefantes se comunican a quilómetros de distancia a través de vibracións no chan?
- Os canguros non poden camiñar cara atrás?





