Saltar navegación

3.4. O mundo dos vertebrados

Que teñen en común un xabaril, unha sardiña e un aguia real?

Os tres pertencen ao grupo dos vertebrados! Seguro que xa coñeces moitos deles, porque entre os vertebrados están os peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.

Cabeza, tronco e extremidades dunha sardiña e dun xabaril
Estrutura dos vertebrados

Sabías que os primeiros en aparecer foron os peixes, que viviron sempre na auga? Máis tarde, os anfibios deron o primeiro paso á terra, aínda que seguían dependendo da auga. Co paso do tempo, os réptiles adaptáronse completamente á vida terrestre e colonizaron diferentes ambientes. Deles xurdiron as aves, que conquistaron o ceo, e os mamíferos, que se expandiron por terra, mar e aire.

A pesar do diferentes que son entre si, os animais vertebrados posúen dúas características comúns:

  • Todos teñen esqueleto interno con columna vertebral. Isto dálle forza ao seu corpo, permítelles moverse e protexe os seus órganos máis importantes.
  • Ademais, a maioría dos vertebrados teñen cabeza, tronco e extremidades, aínda que estas poden ser moi diferentes: algúns teñen patas, outros aletas e outros ás! 

Nas seguintes páxinas aprenderemos moitas cousas sobre cada grupo de vertebrados. Adiante!

Lectura facilitada

O xabaril, a sardiña e a aguia real son vertebrados.
Este grupo inclúe peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.

Todos teñen en común:
– Un esqueleto interno con columna vertebral.
– Cabeza, tronco e extremidades (patas, aletas ou ás).

Os peixes foron os primeiros.
Despois viñeron os anfibios, réptiles, aves e mamíferos.
Cada grupo adaptouse ao seu medio: auga, terra ou aire.

Nas seguintes páxinas aprenderemos máis. ¡Adiante!

Imaxe dunha sardiña e dun xabaril.

Ten frechas sinalando a cabeza, o tronco e a extremidades.

Cabeza, tronco e extremidades dunha sardiña e dun xabaril
Estrutura dos vertebrados

Resumindo

Os animais vertebrados clasifícanse en:

  • Peixes
  • Anfibios
  • Réptiles
  • Aves
  • Mamíferos

Esquema animais vertebrados: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos

Apoio visual

Esquema animais vertebrados: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos

Feito con eXeLearning (Nova xanela)