Características

As aves son un dos grupos de animais máis fascinantes da natureza. A súa capacidade para voar, a súa gran diversidade de formas e cores, e a súa presenza en case todos os ecosistemas do mundo fan que sexan únicas. Desde as pequenas píllaras das dunas ata as impresionantes aguias, as aves teñen adaptacións especiais que lles permiten sobrevivir en diferentes ambientes, tanto na terra como no aire. Pero… que teñen todas en común?
- Corpo cuberto de plumas, que as illan do frío e lles permiten voar.
- Teñen ás, aínda que non todas as especies as usan para voar (como as avestruces ou os pingüíns).
- Bico sen dentes, adaptado ao tipo de alimentación de cada especie.
- Son ovíparas, é dicir, poñen ovos con casca dura.
- Teñen ósos lixeiros e ocos, o que reduce o seu peso e facilita o voo.
- Respiran por pulmóns pequenos conectados a unhas bolsas chamadas sacos aéreos que almacenan aire e lles permite obter máis osíxeno mentres voan.

Lectura facilitada
As aves son animais moi especiais.
Poden voar e teñen moitas formas e cores.
Viven en case todos os ecosistemas do planeta.
Teñen adaptacións que lles permiten vivir na terra e no aire.
Todas teñen algo único.
Características comúns das aves:
- Corpo cuberto de plumas.
- Teñen ás.
- Bico sen dentes.
- Son ovíparas, poñen ovos.
- Teñen ósos lixeiros e ocos.
- Respiran por pulmóns.
Imaxe dunha aguia con frechas sinalando:
- O bico
- Os pulmóns
- As plumas
- Os sacos aéreos
- As ás
- As patas con escamas
- Catro dedos con uñas

Audio
Sabías que?
- O colibrí é a única ave capaz de voar en todas as direccións, incluso en marcha atrás?
- Un falcón pode voar a máis de 300 km/h?
- Algúns patos dormen cun ollo aberto?





