Saltar navegación

2.1. O bingo dos animais

Xogando en equipo

Dividido o grupo en equipos, ides xogar ao Bingo dos animais. O xogo consistirá en completar tres cartóns con animais que veredes no encerado a través das pistas misteriosas que irá dando a vosa mestra/mestre sobre diferentes animais. A vosa misión será adiviñar de que animal se está a falar en cada cartón.  De cada vez se lle preguntará a un equipo. Este terá 10 segundos para debater e dar unha resposta. Se responde ben, marcará o animal. Se falla, perderá a oportunidade e a quenda pasará ao seguinte grupo.

Seredes capaces de completalo entre todas e todos?

Cartel de bingo proxectado nunha pantalla interactiva con quince animais: oso pardo, cegoña, píntega, corzo, bufo, lagarto, raia, serpe, aguia, anguía, lobo, tartaruga,salmón, teixugo e ra. O lagarto e o  teixugo teñen enriba unha cruz vermella. Tamén hai dúas mans suxeitando un papel que pon: Vivo baixo a terra e como de todo.

Exemplos de cartóns en formato PDF (nova xanela).

Exemplos de cartóns en formato editable.

Exemplos de pistas en formato PDF (nova xanela.)

Exemplos de pistas en formato editable.

Lectura facilitada

Ides xogar todos xuntos ao Bingo dos animais.

Hai que completar tres cartóns con animais.

Os cartóns estarán na pantalla.

A mestra/e dará pistas.

Cada equipo terá dez segundos para contestar.

Se responde ben marcará no cartón.

Se responde mal, tocaralle ao seguinte equipo.

Conseguiredes marcalos todos?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)