Saltar navegación

3.8. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaChegou o momento de que cubras os apartados da Fase 3 do teu diario de aprendizaxe. Nesta fase do proxecto, aprendiches moitísimas cousas sobre os animais: como se clasifican, relacionan, alimentan e reproducen así como os que están en perigo de extinción. Todo isto será moi importante á hora de levar a cabo o reto. 

Agora tócache reflexionar e cubrir no diario todos os apartados desta fase. Non te esquezas de incluír como a afrontaches e reflectir a maneira en que aprendiches. Anota as túas reflexións e recorda... cubrir este diario será de moita axuda para saber como aprendes.

Ir ao apartado sobre o diario de aprendizaxe (nova xanela).

Lectura facilitada

Chegou o momento de que cubras os apartados da Fase 3 do teu Diario de aprendizaxe.

Nesta fase, aprendiches moitas cousas sobre os animais.

Como se clasifican, alimentan, relacionan...

Anota no diario as túas reflexións.

Lembra que cubrir este diario será de moita axuda para saber como aprendes.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)