Saltar navegación

3.1. Primeiros pasos

Seis círculos vermellos, cinco grandes cun animal en cada un: oso pardo, ra, aguia real, serpe e salmón. Un pequeno no centro cun lapis enriba. Do círculo pequeno saen cinco frechas cara a cada círculo grande.Para poder planificar e deseñar mellor a exposición interactiva e a campaña de concienciación sobre os animais en perigo de extinción, é moi importante informáreste ben e investigares sobre eles. Coñecer algúns animais autóctonos galegos, saber como se clasifican, descubrir como se alimentan, como respiran, como se relacionan ou como se reproducen, axudarache a entender mellor a súa importancia e os perigos aos que se enfrontan.
Cantas máis cousas saibamos, mellor poderemos explicarlles ás demais persoas como e por que é tan importante coidalos e protexelos!

Lectura facilitada

Para conseguir o reto é fundamental que che informes ben sobre os animais e investigar sobre eles.

Debes seguir os seguintes pasos:

  • Coñecer algúns animais naturais de Galicia.
  • Saber como se clasifican os animais.
  • Coñecer como se alimentan, respiran, como se relacionan e se reproducen.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)