Saltar navegación

1.3. A misión

 

Glosario

Animais autóctonos

Lobo ouveando
Definición:

Son animais que viven de forma natural nun lugar determinado.

Exemplo:

O lobo ibérico é un dos animais autóctonos máis coñecido de Galicia.

Campaña de concienciación

Tres persoas facendo campaña
Definición:

Conxunto de actividades e mensaxes para informar e facer reflexionar ás persoas sobre algo importante.

Exemplo:

Lanzamos unha campaña para coidar aos animais da nosa contorna.

Exposición interactiva

Dúas persoas ollando unha exposición e outras dúas sentadas nunha mesma xogando.
Definición:

Actividade na que se pode aprender vendo, tocando e xogando.

Exemplo:

Na exposición xoguei a un memory de pegadas.

Perigo de extinción

Extinción de dinosaurios
Definición:

Situación de risco en que quedan moi poucos individuos dunha especie e están a piques de desaparecer. 

Exemplo:

O oso pardo está en perigo de extinción debido á perda do seu fogar.

Obxectivos

A túa misión será acadar os seguintes obxectivos mentres preparas a exposición interactiva:

  • Aprender as principais características dos diferentes grupos de animais.
  • Recoñecer e identificar especies animais autóctonas de Galicia.
  • Coñecer as funcións vitais dos animais e o seu papel nos ecosistemas.
  • Planificar e deseñar unha exposición e unha campaña de concienciación sobre a protección das especies animais.
  • Reflexionar sobre as ameazas que sofren algunhas especies e buscar solucións para protexelas.

Lectura facilitada

A túa misión ten varios obxectivos:

  • Aprender como son os distintos grupos de animais.
  • Identificar animais naturais de Galicia.
  • Coñecer as funcións vitais e o seu papel no ecosistema.
  • Preparar unha exposición e unha campaña de concienciación.
  • Pensar nas ameazas que sofren e buscar solucións para axudalos.

Que vas aprender?

A coñecer as funcións vitais dos animais.

Animal ollando unha  mazá, unha planta e un filete

A identificar animais autóctonos de Galicia.

Debuxo dun xabaril

A recoñecer e clasificar diferentes grupos de animais.

Debuxo dun camaleón, un gorila e unha anduriña

A organizar unha exposición.

Exposición con dous taboleiros de cortiza: nun pon “oso pardo” e vese unha imaxe dun oso pardo e dous carteis que poñen “reprodución e alimentación”; no outro pon “aguia real” e vense unha imaxe dela e dous carteis que poñen “hábitat e causas”. Ademais hai un neno e unha nena de costas ollando os dous taboleiros

A desenvolver unha campaña de concienciación.

Dous homes e unha muller abrazados polos ombreiros detrás dun atril

A protexer e conservar as especies en perigo de extinción.

Debuxo dun oso pardo

A usar plataformas e aplicacións dixitais.

Mans escribindo nun teclado de ordenador

A traballar en equipo e colaborar.

Debuxo de dous nenos e unha nenas sentados arredor dunha mesa vermella escribindo

A expoñer un traballo en equipo.

Imaxe dun neno expoñendo un traballo que se está proxectando nunha pantalla

Feito con eXeLearning (Nova xanela)