Na pegada de ideas
Lembras que xa aprendiches moitas cousas sobre os animais en cursos anteriores? Agora é o momento de darlle unha volta ao que sabes! Vas facer en grupo unha actividade chamada "Rapinando ideas", na que cada grupo deberá reflexionar sobre por que os animais son importantes, que perigos afrontan hoxe en día e como se adaptan para sobrevivir. Pero ollo! Neste xogo, non só conta o que saibades… Tamén podedes rapinar ideas doutros equipos para completar as vosas respostas! O reto é encher a folla co maior número de ideas posibles.
Que equipo será o mellor rapinador de ideas?

Modelo Ficha Rapinando ideas en formato PDF (nova xanela).
Modelo Ficha Rapinando ideas en formato editable.
- Como o faredes?
-
1. Cubriredes todo o que saibades na ficha. Tedes uns minutos para pensar e escribir.

2. Rolda de "Rapina": Un membro de cada grupo convertirase nun cazador de ideas e irá visitar as fichas doutros equipos. Faredes 3 roldas. En cada rolda, un membro copiará unha ou dúas ideas dos outros equipos para traer ao seu. O equipo engadirá esas ideas á súa ficha para facela máis completa.

3. Unha vez que todas as fichas estean cubertas, farase unha posta en común coas ideas de todos os equipos.

Lectura facilitada
En cursos anteriores aprendiches moitas cousas sobre os animais.
Vas lembrar o que sabes dun xeito divertido.
Xogarás a un xogo chamado "Rapinando ideas".
En equipos completaredes unha ficha sobre os animais.
Poderedes "tomar" ideas dos outros equipos.
Ao rematar farase unha posta en común coas ideas de todos os equipos.