Saltar navegación

1.5. Equipo fauna

Sodes un equipo

Unha nena e un neno de frontePara planificar a exposición e a campaña, o primeiro que hai que facer é formar equipos de traballo. 

Para crear os equipos, xogarás ao "Quen son?", un divertido xogo no que deberás descubrir que animal es e a que grupo principal de animais pertences (mamíferos, aves, réptiles e peixes), colaborando coas túas compañeiras e compañeiros, a través de preguntas, mímica e sons. 

Cando xa estean os grupos listos, vén a parte divertida: xunto co teu equipo tes que pensar e elixir un nome xenial que vos represente. Pode ser algo creativo, divertido ou relacionado co reto que ides desenvolver. Deixade voar a vosa imaxinación e poñédevos de acordo. Mans á obra!

Lectura facilitada

Para comezar, formaredes equipos de traballo.
Xogarás ao "Quen son?" para descubrir que animal es.

Levarás un post-it nas costas co nome dun animal.
Terás que facer preguntas para adiviñar cal é.
Tamén podes usar mímica, sons e pistas curtas.

Cando descubras que animal es, busca o teu grupo:
mamíferos, aves, réptiles, peixes ou anfibios.

Cando o grupo estea completo, elixiredes un nome.
Debe ser creativo, divertido e que vos represente.

Mans á obra!

Necesitaredes

Post-it amarelo cunha chatolaPost-it ou etiquetas adhesivas.

Lista co nome de animais; oso pardo, xabaril, sapoconcho, salamántiga e corzo.Lista de animais por grupos (mamíferos, aves, peixes, réptiles e anfibios).

Seis rotuladores: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul e violeta Rotuladores.

Regras do xogo

  • A persoa docente escribirá en cada post-it o nome dun animal.
  • A continuación, pegará nas costas de cada un, o post-it co nome do animal sen que ninguén vexa cal lle tocou.

Neno e nena de costas cun post-it nas costas que ten un nome de animal: oso pardo o neno e corzo a nena

  • Deberedes camiñar pola aula e preguntar aos vosos compañeiros e compañeiras para descubrir que palabra tedes no voso post-it. As preguntas deben ter como resposta "si" ou "non". Por exemplo:
           Son un vertebrado?       Vivo no bosque?       Teño plumas?
  • As vosas compañeiras e compañeiros poden ofrecervos pistas mediante mímica, sons do animal ou pistas curtas (por exemplo "Vives no mar", "Tes ás", "Es un felino"...).
  • Cando descubrades que animal sodes, debedes buscar os membros do voso mesmo grupo (por exemplo, todos os mamíferos ou todas as aves).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)