Saltar navegación

Das esponxas ás estrelas de mar

Poríferos, Cnidarios, Anélidos e Equinodermos

Comezarás a exploración dos invertebrados coñecendo catro grupos sorprendentes: os poríferos, cnidarios, anélidos e equinodermos. Estes animais teñen formas de vida curiosas e habitan en ambientes moi diversos, dende o fondo do mar ata a terra húmida. Anímate a descubrilos!

Lectura facilitada

Vas descubrir catro grupos de invertebrados:
poríferos, cnidarios, anélidos e equinodermos.

Poríferos:

  • Viven fixos no fondo mariño.
  • Teñen corpo con poros.
  • Absorben osíxeno e alimento polos poros.

Fotografía dun grupo de esponxas

Cnidarios:

  • Corpo en forma de saco con boca.
  • Teñen tentáculos con veleno.
  • Ex: medusas, anemones e corais.
Fotografía dunha medusa vermella
Medusa
Fotografía dunha anemone
Anemone
Fotografía dun coral
Coral

Anélidos:

  • Corpo dividido en aneis.
  • Poden ser terrestres ou acuáticos.
  • Respiran por branquias ou pola pel.
Fotografía dunha coca de mar
Coca de mar
Fotografía dunha samesuga
Samesuga
Fotografía dunha lombriga
Lombriga

Equinodermos:

  • Corpo con placas duras e espiñas.
  • Teñen simetría radial.
  • Respiran pola pel.
  • Ex: estrelas e ourizos de mar.
Fotografía dunha holoturia, unha estrela e un ourizo de mar
Holoturia, estrela de mar e ourizo

Sabías que?

  • Hai rexistros fósiles de esponxas de máis de 600 millóns de anos, sendo dos primeiros animais pluricelulares en existir?
  • Existe unha especie de medusa que pode volver ao seu estado xuvenil en condicións de tensión, evitando así a morte por vella?
  • O Lineus longissimus pode alcanzar ata 55 metros de lonxitude, sendo máis longo que calquera animal coñecido?
  • Certas especies de ourizos teñen unha substancia adhesiva que lles axuda a pegarse ás rochas e son case imposibles de soltar?                    

Familias mariñas

Xa coñeces os poríferos, cnidarios, anélidos e equinodermos, pero… Serás capaz de lembralos mentres xogas? Xunto co teu equipo, vas preparar un xogo de familias mariñas! Cada grupo será o encargado de deseñar e crear as cartas dunha familia e logo xogaredes para demostrar o que aprendestes!

Xogo de cartas

Lectura facilitada

Ides facer un xogo de familias mariñas.

Cada grupo deseñará e creará unha familia.

Hai que facer catro cartas de cada familia.

Cada carta ten que ter un debuxo ou fotografía do animal.

Tamén o seu nome en letras grandes.

Plastificaredes as cartas ou pegarédelas en cartón.

Que debedes facer?

Paso 1: Organizar o traballo

Cada grupo escolle ou recibe unha familia de animais entre os seguintes: poríferos, cnidarios, anélidos e equinodermos.

Paso 2: Crear as cartas

  • Debedes facer catro cartas por familia.
  • Cada carta debe ter un debuxo ou imaxe do animal e o seu nome en letra clara e grande.

Paso 3: Preparar o xogo para a exposición

Cando teñades todas as cartas listas:

  • Revisádeas para que todas teñan o mesmo tamaño.
  • Engadide unha capa de protección (plastificádeas ou pegádeas sobre cartolina dura).
  • Gardade as cartas e preparade as normas do xogo para que todas e todos poidades aprender a xogar.

Normas do xogo

Obxectivo

Ser a primeira persoa xogadora en reunir 4 cartas da mesma familia de invertebrados (poríferos, cnidarios, anélidos ou equinodermos) antes que os demais.

Como se xoga?

  • De 2 a 4 xogadoras/es.
  • Repartir 4 cartas por persoa se son 2 ou 3 xogadoras/es e 3 cartas por persoa se son 4 xogadoras/es. O resto quedan nun montón boca abaixo.
  • Por quendas, cada persoa pide a outra unha carta dunha familia concreta (se xa ten polo menos unha desa familia). Se a ten, dálla. Se non, di “non teño”, e tócalle coller do montón. Cando alguén completa unha familia (as 4 cartas), colócaa enriba da mesa e debe berrar o nome do grupo que conseguiu: Poríferos!, Cnidarios!, Anélidos! ou Equinodermos! Gaña quen reúna máis familias completas.

Variante:

  • No canto de pedir a outra xogadora ou xogador unha carta, á conta de 3, todas as persoas no xogo escollen unha carta para descartar e pásanlla boca abaixo á persoa sentada á súa dereita. Isto repítese ata que alguén consegue reunir 4 cartas iguais.

Xogo de memoria mariño

Neste xogo de memoria, terás que emparellar cada animal co seu grupo: poríferos, cnidarios, anélidos ou equinodermos. Observa ben as cartas, lembra onde están, e trata de unir a imaxe do animal co seu nome ou co grupo ao que pertence.

{"typeGame":"FlipCards","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Neste xogo de memoria, terás que emparellar cada animal co seu grupo: poríferos, cnidarios, anélidos ou equinodermos. Observa ben as cartas, lembra onde están, e trata de unir a imaxe do animal co seu nome ou co grupo ao que pertence.

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/lombriz.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Pictograma lombriga","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"An%C3%A9lidos"},{"url":"resources/ilustracion-1.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Pictograma estrela de mar","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Equinodermos"},{"url":"resources/medusa.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Pictograma medusa","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Cnidarios"},{"url":"resources/esponxa.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Pictograma esponxa","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Por%C3%ADfero"}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":3,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"2025325225446-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayAgain":"Xogar outra vez","msgPlayStart":"Preme aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgCool":"Xenial!","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Podes realizar esta actividade tantas veces como queiras.","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgPreviousCard":"Anterior","msgNextCard":"Seguinte","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTrue":"Verdadeiro","msgFalse":"Falso","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","mgsAllQuestions":"Preguntas completadas!","msgTrue1":"Correcto. Esa é a carta.","msgTrue2":"Incorrecto. Esa non é a carta.","msgFalse1":"Correcto. Esa non é a carta.","msgFalse2":"Incorrecto. Esa é a carta.","mgsClickCard":"Preme na carta","msgEndTime":"Rematou o tempo do xogo. A túa puntuación é de %s.","msgEnd":"Finalizar","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Cartas de memoria"}}
0123
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)