Características
Imaxina un animal que pode mudar de cor nun segundo, outro que fabrica perlas dentro da súa cuncha e outro que pode durmir durante meses sen moverse. Todos son moluscos. Prepárate para explorar o seu mundo!
O grupo do moluscos inclúe unha gran variedade de animais, pero a pesar de seren animais moi distintos todos gardan certas semellanzas como:
- Corpo brando sen esqueleto interno.
- Moitos deles, teñen o corpo cuberto cunha cuncha como os caracois e as ameixas.
- Os terrestres como o caracol, respiran por pulmóns sinxelos mentres que os acuáticos, como o mexillón, respiran a través de branquias.
- Teñen unha alimentación variada. Poden ser herbívoros (comen plantas, como os caracois), carnívoros (comen outros animais, como os polbos) ou filtradores (atrapan partículas da auga, como as ameixas).

Lectura facilitada
Características dos moluscos:
O grupo dos moluscos inclúe unha gran variedade de animais, pero a pesar de seren animais moi distintos todos gardan certas semellanzas como:
• Corpo brando sen esqueleto interno.
• Corpo cuberto cunha cuncha.
• Os terrestres respiran por pulmóns e os acuáticos por branquias.
• Poden ser herbívoros, carnívoros ou filtradores.
Imaxe dun caracol con frechas sinalando:
• Cuncha
• Ollos sobre tentáculos
• Pé plano sobre o que repta.
Imaxe dun berberecho con frechas sinalando:
• Cuncha dobre
• Corpo brando
• Pé en forma de machado
Imaxe dunha lura con frechas sinalando:
• Tentáculos
• Cuncha interna

Audio
Sabías que?
- Os polbos teñen tres corazóns e o seu sangue é azul?
- As ameixas poden vivir máis de 100 anos e algunhas chegaron aos 500?
- A lura xigante ten os ollos máis grandes do reino animal? Poden chegar ata 30 cm de diámetro, permitindo detectar presas na escuridade do océano profundo.
