Saltar navegación

3.5. O mundo dos invertebrados

Coñecendo aos invertebrados

Se pensas en animais, seguramente os primeiros que che veñen á mente son mamíferos, aves ou réptiles. Pero sabías que preto do 95% dos animais do planeta son invertebrados? Podemos atopalos en todos os hábitats, dende o fondo do mar ata os bosques e prados, desempeñando un papel fundamental na natureza. 

Os invertebrados non teñen esqueleto interno nin columna vertebral. Algúns teñen proteccións externas como cuncha ou exoesqueleto como por exemplo os cangrexos e os caracois. A maioría son ovíparos. Poñen moitos ovos dos que nacen larvas, que medran e convértense en animais adultos. Son heterótrofos, é dicir, aliméntanse doutros seres vivos.


Debuxo dun caracol con tres frechas que indican cabeza ben diferenciada, cuncha protectora e sen columna vertebral.
Estrutura dos invertebrados

Hai numerosos grupos de invertebrados. Os máis coñecidos son os artrópodos, moluscos, equinodermos, cnidarios, anélidos e poríferos. Nas seguintes páxinas aprenderemos moitas cousas sobre cada grupo. 

Lectura facilitada

O 95% dos animais do planeta son invertebrados.

Hai moitos grupos de invertebrados.

Os máis coñecidos son os artrópodos, moluscos, equinodermos, cnidarios, anélidos e poríferos. 

Características dos invertebrados:

  • Non teñen esqueleto interno nin columna vertebral.
  • Algúns teñen proteccións externas como cuncha ou exoesqueleto.
  • A maioría son ovíparos.
  • Aliméntanse doutros seres vivos: son heterótrofos.

Imaxe dun caracol con frechas sinalando:

  • Cabeza ben diferenciada.
  • Cuncha protectora.
  • Sen columna vertebral.
Debuxo dun caracol con tres frechas que indican cabeza ben diferenciada, cuncha protectora e sen columna vertebral.
Estrutura dos invertebrados

Resumindo

Os animais invertebrados clasifícanse en:

  • Poríferos
  • Anélidos
  • Cnidarios
  • Equinodermos
  • Moluscos
  • Artrópodos

Gráfico cos tipos de invertebrados: poríferos, anélidos, cnidarios, equinodermos, moluscos e artrópodos



Apoio visual

Gráfico cos tipos de invertebrados: poríferos, anélidos, cnidarios, equinodermos, moluscos e artrópodos

Feito con eXeLearning (Nova xanela)