Características

Os anfibios son un grupo de animais moi especial porque son os primeiros vertebrados que conseguiron vivir fóra da auga, aínda que seguen dependendo dela en moitas etapas da súa vida. Teñen características únicas que os fan diferentes a calquera outro grupo animal. Son capaces de respirar pola pel, teñen unha lingua moi particular para capturar alimentos e experimentan grandes transformacións ao longo da súa vida.
Todos os anfibios comparten unha serie de características comúns, como:
- Teñen a pel húmida, fina e núa que lles axuda a respirar, pero tamén os fai moi sensibles á contaminación.
- Son carnívoros. Na boca teñen unha lingua pegañenta que os axuda a capturar as presas.
- A maioría son ovíparos. Poñen os ovos sen casca, en lugares húmidos ou directamente na auga para que non se desequen.
- As súas extremidades están adaptadas. Teñen patas fortes para saltar con dedos sen uñas (como as ras) ou corpos alongados con cola (como as píntegas).

- Durante a súa vida, sofren unha gran transformación chamada metamorfose: nacen na auga como pequenas larvas con aletas, cola e branquias, pero ao medrar desenvolven pulmóns e patas, adaptándose á vida terrestre.
Lectura facilitada
Características comúns dos anfibios:
-
Teñen a pel húmida, fina e núa.
-
Son carnívoros.
-
A maioría son ovíparos.
-
As súas extremidades están adaptadas.
-
Durante a súa vida sofren unha transformación chamada metamorfose.
Imaxe dun cágado cunha frecha sinalando a cola.
Imaxe dunha ra con distintas frechas sinalando:
- Catro patas
- Dedos sen uñas
- Sen cola
- Boca con lingua pegañenta
- Pel núa
- Pulmóns.

Audio
Sabías que?
Sabías que?
- A maioría dos anfibios teñen unha vida curta, pero algúns sapos poden vivir ata 40 anos en boas condicións?
- Certos anfibios, como os tritóns e as píntegas, son capaces de rexenerar patas, cola e mesmo partes do corazón ou do cerebro se as perden?
- Algunhas ras, teñen células especiais chamadas cromatóforos que lles permiten cambiar de cor para camuflárense ou regularen a súa temperatura?


