Busca de información
Se queres dar a coñecer a situación do oso pardo e os seus amigos ao resto do cole, tes que descubrir por que están ameazados, como viven e que podes facer para axudalos. Para iso, xunto co teu equipo, buscarás información utilizando fontes variadas: biblioteca do centro, Internet, familias...
Lectura facilitada
Para contar como está o oso pardo e outros animais ameazados,
necesitas saber por que están en perigo, como viven e como axudar.
Buscarás información en distintos sitios:
– Biblioteca
– Internet
– Familias
– Outras fontes


