Un/ha boa xornalista...

Imaxinade que ides mercar a prensa para enterarvos da última noticia que non para de soar nas bocas da xente. Cando chegades ao quiosco, atopádesvos cun xornal cheo de erros que fai que a súa comprensión sexa moito máis complicada do que debería. Mercaríadelo? Seguro que o pensabades unhas cantas veces…
Cando escribides, se as palabras están ben colocadas e as frases teñen sentido, a mensaxe chega clara e comprendemos a noticia. Isto é o que se coñece coma coherencia.
Pero non só iso! Tampouco debemos e esquecernos da corrección, é dicir, que as palabras non conteñan erros.
Aquí é onde entra en xogo algo moi importante: as normas de ortografía. Xa sabedes que estas son regras que nos permiten escribir a todos e todas do mesmo xeito, con corrección e coherencia.
Moi pronto imos afondar no traballo e uso do S e X para poder así corrixir a nosa noticia e publicala sen erros pero… antes diso debemos poñernos mans á obra! Aquí entra en xogo o voso primeiro minirreto.
Tras coñecer un pouco que é a prensa, e ter observado algunha que outra noticia, deberedes de elaborar a vosa. Pero tranquilos/as se non queda perfecta, temos máis oportunidades ao longo deste apartado para mellorala!
Como o faremos? Descúbreo a continuación!
Lectura facilitada
Imaxina que vas mercar un xornal.
Queres saber a última noticia.
Chegas ao quiosco e o xornal ten moitos erros.
É difícil de entender.
Mercaríalo? Seguro que o pensabas ben!
Cando eu escribo, as palabras deben estar ben.
As frases deben ter sentido.
Así a mensaxe chega clara.
Entendo a noticia.
Isto chámase coherencia.
Tamén é importante a corrección.
As palabras non deben ter erros.
Aquí entran as normas de ortografía.
Son regras para que escribamos todos igual.
Así escribimos ben e con sentido.
Agora imos traballar coas letras S e X.
Así poderemos corrixir a nosa noticia.
Publicaraa sen erros.
Pero antes, imos ao noso primeiro reto.
Xa sabes un pouco de prensa.
Xa viches algunha noticia.
Agora vas facer a túa propia noticia.
Non te preocupes se non queda perfecta.
Teremos máis oportunidades de mellorala!
Como o faremos?
Sigue os pasos 1, 2 e 3.
Audio
Paso 1

De xeito grupal, elixide un tema que vos resulte de interese: pode ser algo relacionado coa escola, algún obxecto que estea de moda, algún acontecemento do pobo do cal deba decatarse a poboación escolar, etc.
Paso 2

Poñede un título: debe ser claro e conciso. É dicir, tratar que no menor número de palabras posibles se describa o contigo da noticia.
Paso 3

Elaborar a noticia: recordade responder a todas as preguntas que unha boa noticia ten que incluír (Que? quen? Cando? Onde? Por que? Como?).