Saltar navegación

1.2. Comunicámonos doutro xeito

A nosa lingua "en liña"

Signo arroba

Ao longo dos anos a evolución dos medios de comunicación e da propia lingua foi sempre da man, e iso non tivo por que cambiar coa chegada de Internet, das redes sociais e da globalización. A chegada das novas tecnoloxías e das redes sociais non soamente cambiaron a forma na que nos comunicamos senón que tamén están a modificar a nosa lingua.

Na rede todo vai moi rápido! Así que para escribir máis á présa tendemos a empregar abreviaturas (que=q, por que=pq, ben=bn), acurtamos palabras (ordenainsti) ou usamos siglas que veñen do inglés (Oh meu deus=OMG, moitas risas=LOL, por certo=BTW). Por outra banda, tamén tendemos a usar outro tipo de vocabulario incluíndo moitas veces expresións noutros idiomas con castelanismos (entonces, vale...) e anglicismos (crush, fake, like). Así pois, esta xeración está a xerar o seu propio vocabulario. 

Pero non todo é bo. Moitas veces aproveitándonos do carácter informal destes medios de comunicación e non lle damos importancia ás regras de ortografía ou gramática. Escribimos como falamos, sen acentos, con erros, abusando dos castelanismos... Así que non se trata de deixar de usar o móbil, senón que deberiamos: pararnos e pensar no que escribimos, pensar na palabra galega axeitada e facer un pequeno esforzo en escribir o mellor posible.

Lectura facilitada

Eu vexo que a lingua e os medios sempre evolucionan xuntos. Non cambiou con Internet. Tampouco coas redes sociais.

As novas tecnoloxías son incribles. Axúdanme moito.

Pero tamén están a cambiar a miña lingua. Non me dou conta case.

En Internet todo vai moi rápido. Por iso uso abreviaturas e palabras máis curtas.

Eu uso siglas do inglés.

Tamén uso palabras do castelán e do inglés.

A miña xeración fala así. Temos o noso propio vocabulario.

Non todo é bo. Ás veces non me importan as regras de ortografía ou gramática.

Escribo con erros e con castelanismos.

Non se trata de deixar o móbil.

Pero debo pensar no que escribo.

Teño que elixir a palabra galega correcta.

É importante escribir o mellor posible. Así a miña mensaxe chegará mellor.

O idioma da Xeración Z

A Xeración Z (nacidos entre os anos 1997 e 2012) son un claro exemplo de como os tempos e as formas nas que nos comunicamos definen e modifican a lingua. Esta Xeración Z son xente que naceu co auxe de Internet e que, inevitablemente, se viron influenciados polas redes sociais e as ferramentas tecnolóxicas. Así pois, considerando que a lingua é un elemento vivo que está en constante cambio, esta Xeración modifica a lingua engadindo novos termos, adopta palabras doutros idiomas e outórgalle a certas palabras e conceptos outros significados. Así pois o alumnado do IES Plurilingüe Aquis Celenis deseñou un dicionario para estudar a forma na que evoluciona a lingua a través dos seus ollos. Podes ver a noticia completa aquí.

Dicionario Xeración Z

Lectura facilitada

Eu son da Xeración Z.

Nacín entre 1997 e 2012.

Nacín cando Internet xa estaba en auxe.

As redes sociais e a tecnoloxía influíronme.

A lingua está sempre a cambiar.

A miña xeración cambia a lingua.

Engadimos palabras novas.

Collemos palabras doutros idiomas.

Dámoslle outros significados a palabras.

Os alumnos do IES Plurilingüe Aquis Celenis fixeron algo.

Deseñaron un dicionario.

Queren estudar como cambia a lingua.

Míranse a través dos nosos ollos.

Pensamos en equipo

Despois de analizar como nós somos quen de cambiar a lingua mediante o seu uso, en grupos deberedes realizar unha chuvia de ideas sobre un papel. Pensade en termos que adoitades empregar entre vos ou que usades nas redes, pero que non utilicedes nunha conversa máis formal ou con xente que non pertence a vosa xeración. Despois distribuíde eses termos nalgunha das seguintes columnas segundo corresponda:

Anglicismos Abreviatura Siglas Castelanismo Palabras acurtadas
         

Agora que xa temos analizada a nosa forma de comunicarnos, buscade alternativas en galego normativo para estes termos. Por exemplo, spoiler=desvelar ou LOL=gargallada.

Lectura facilitada

Despois de ver como nós cambiamos a lingua ao usala, faremos algo.

En grupos, faremos unha chuvia de ideas nun papel.

Pensaremos en palabras que usamos entre nós.

Ou palabras que usamos nas redes.

Pero que non usamos cando falamos formalmente.

Ou con xente maior.

Despois imos poñer esas palabras en columnas.

As columnas son estas:

- Anglicismos (palabras do inglés).

- Abreviaturas (palabras curtas).

- Siglas (letras que representan palabras).

- Castelanismos (palabras do castelán).

- Palabras acurtadas.

- Agora xa miramos como nos comunicamos.

Imos buscar como dicir esas palabras en galego correcto.

Por exemplo:

Spoiler é desvelar.

LOL é gargallada.

Pregunta Verdadeiro-Falso

Despois de analizar a linguaxe que utilizades, lede as seguintes afirmacións e considerade se son verdadeiras ou falsas:

Pregunta 1

1. Nas redes adoitase empregar un galego normativo.

Pregunta 2

2. En Galicia non existen os anglicismos.

Pregunta 3

3. A Xeneración Z é conformada por aquela xente que naceu entre 1997 e 2012.

Pregunta 4

4. Cando se empregan redes sociais búscase falar do mellor xeito posible sen cometer erros ortográficos nin gramaticais.

Pregunta 5

5. Os termos vale e entonces son considerados castelanismos.

Pregunta 6

6. En galego non existen termos axeitados que poidamos usar, por iso empréganse palabras como spoiler, fake ou OMG.

Hora de ler

Pictograma que representa un neno lendoNos últimos tempos Internet está moi presente nas nosas vidas e cambiou por completo o noso modo de vivir. As novas tecnoloxías, as redes sociais e os móbiles ocupan unha gran parte do noso tempo. Aínda así, moita xente emprega estas ferramentas para evadirse do mundo e non afrontar os seus problemas. É importante decatármonos que non todo o que vemos a través das redes é o que parece e que o perigo pode estar en Internet.

Acompaña a Sara nas súas aventuras en liña lendo "Wombo Combo" e vivirás aventuras sorprendentes dentro dun videoxogo.

Lectura facilitada

Internet está moi presente nas nosas vidas. Cambiou como vivimos.

As novas tecnoloxías, as redes sociais e os móbiles ocupan moito tempo.

Pero moita xente usa estas ferramentas para escapar. Escapan dos seus problemas.

É importante saber que non todo en Internet é real.

O perigo pode estar en Internet.

Acompaña a Sara lendo "Wombo Combo".

Vivirás aventuras nun videoxogo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)