Novas palabras para designar novas realidades
Ás veces ocorre que dúas ou máis palabras se unen para designar unha nova realidade. Entón falamos de palabras compostas. Así que as palabras compostas serían a unión de dúas ou máis palabras que unidas significan algo diferente ao seu significado orixinal.
Agora, fíxate en como se forman as palabras compostas. Imos estudar a súa formación en función da súa categoría gramatical. Entón:
Substantivo + substantivo
garda + roupa = gardarroupa
cen + pés = cempés
Verbo + verbo
vai + ven = vaivén
Adxectivo + adxectivo
agre + doce = agridoce
alto + baixos = altibaixos
Substantivo + verbo (e viceversa)
abre + latas = abrelatas
canta + autor = cantautor
Adxectivo + substantivo (e viceversa)
alto + falante = altofalante
medio + día = mediodía
Audio
Ollo! Ás veces, debido ás esixencias da nova palabra, as palabras que se fusionan sofren pequenas modificacións. Este é o caso de cempés, que cambia o n por un m porque existe unha regra ortográfica que di que diante do p sempre se coloca m, e non n. Igualmente, na palabra altibaixos, o o final da palabra alto é substituído por un i.
Lectura facilitada
Ás veces, dúas ou máis palabras únense.
Crean unha nova palabra.
Así son as palabras compostas.
Unidas significan algo diferente.
Agora, mira como se forman.
Vemos a súa formación pola súa clase.
Substantivo + substantivo.
garda + roupa = gardarroupa.
cen + pés = cempés.
Verbo + verbo.
vai + ven = vaivén.
Adxectivo + adxectivo.
agre + doce = agridoce.
alto + baixos = altibaixos.
Substantivo + verbo.
abre + latas = abrelatas.
canta + autor = cantautor.
Adxectivo + substantivo.
alto + falante = altofalante.
medio + día = mediodía.
Ollo.
Ás veces as palabras cambian un pouco.
Por exemplo, en cempés.
O n cambia a m.
En altibaixos, o o cambia o i.



