Saltar navegación

Punto e final

Puntuamos

Xa falamos sobre a importancia de transmitir a información de xeito claro e conciso. Aparte das normas e palabras presentadas nos apartados anteriores, é de gran valor coñecer os signos de puntuación xa que nos permitirán estruturar as ideas e evitar malos entendidos.  Aquí tedes algo de información!

Punto (.)

Indica o final dunha oración. Tamén se usa en abreviaturas.

Exemplo 1:

Fun ao parque.

Exemplo 2:

Adverbio=adv.

Coma (,)

Indica unha pausa breve dentro da oración. Separa elementos nunha enumeración, aclara ou engade información. 

Exemplo 1:

O neno, quen amosou un comportamento exquisito, tivo moito éxito.

Exemplo 2:

O mestre necesita cadernos, bolígrafos, pinceis, etc.

Punto e coma (;)

 Indica unha pausa maior que a coma pero menor que o punto. Conecta oracións relacionadas ou separa elementos longos nunha enumeración.

Exemplo: 

Visitamos o comedor, onde serven unhas exquisitas comidas; a cociña, con estupendos e estupendas xefes de cociña; e os grandes xardíns, cunha ampla variedade de flores.

Dous puntos (:)

Introducen unha enumeración, unha explicación, unha cita textual ou unha conclusión.

Exemplo:

Necesitamos mercar varias cousas para a merenda: pan, chocolate, froita e auga.

Comiñas (' ')

 Recollen citas textuais, títulos de obras, ou palabras que se queren destacar por algún motivo coma é a ironía.

Exemplo:

O mestre dixo: "É importante axudar ao resto."

Signo de interrogación (?) ou exclamación (!)

Van ao final da oración.

    • Interrogación: sinalan preguntas.
    • Exclamación: indica sorpresa, alegría, indignación ou énfase.

Puntos suspensivos (...)

Indica unha interrupción do discurso, unha idea incompleta ou un ton de misterio ou dúbida.

Exemplo:

Non sei moi ben que facer hoxe...

Xa tedes tódolos coñecementos necesarios para revisar a vosa noticia. A continuación daránsevos as opcións para rematar este primeiro minirreto, que nos permitirá alcanzar o noso obxectivo final.

Lectura facilitada

É importante escribir claro.

Os signos de puntuación axudan a entender.

Evitan malos entendidos.

Punto (.)

Final dunha frase.

Úsase en abreviaturas.

Exemplo: Fun ao parque.

Coma (,)

Pausa curta.

Separa elementos nunha lista.

Exemplo: O mestre necesita cadernos, bolígrafos.

Punto e coma (;)

Pausa maior que a coma.

Une frases relacionadas.

Exemplo: Visitamos o comedor; a cociña.

Dous puntos (:)

Introducen unha lista.

Ou unha explicación.

Exemplo: Necesitamos: pan, froita.

Comiñas (' ')

Mostran o que alguén di.

Destacan palabras.

Exemplo: O mestre dixo: "Axudar."

Interrogación (?) ou Exclamación (!)

Van ao final da frase.

Interrogación: para preguntas.

Exclamación: para sorpresa.

Puntos suspensivos (...)

Indican unha pausa.

Mostran unha idea incompleta.

Exemplo: Non sei que facer...

Xa tes todo para revisar a túa noticia.

Agora veñen as opcións para rematar este minireto.

Apoio visual

Apoio visual signos puntuación

Finalizamos e maquetamos

Queridos e queridas xornalistas. Aquí remata a vosa primeira etapa coma expertos nos medios de comunicación. Isto non fixo máis que comezar! 

Neste apartado deberedes de traballar coa noticia que elaborástedes no apartado "Imos ao lío!" Vánsevos presentar tres opcións para a súa maquetación. Nos mesmos grupos deberedes elixir o formato que máis encaixe con vós e poñervos mans á obra.

É moi importante que antes de comezar a maquetala, revisedes a ortografía repasando cada unha das normas que se vos presentaron ao longo do apartado. Preparados/as? Adiante! 

Opción A

Deseñade a vosa noticia en forma dixital axudándovos de ofimática coma pode ser Libre Office.

Opción B

Empregade o documento descargable en formato editable e en formato imprimible para usar de base para a vosa noticia.

Opción C

Elaborade a vosa noticia á man, nunca cartolina A3 e posteriormente tomade unha foto para ter tamén a mesma en formato dixital.

Lectura facilitada

Queridos xornalistas.

Aquí remata a vosa primeira etapa.

Isto non fixo máis que comezar!

Agora traballaredes coa noticia que fixestes antes.

Tedes tres opcións para facer o seu deseño.

En grupos, elixide a que máis vos guste.

É moi importante revisar a ortografía.

Repasade as regras que vimos.

Estades listos?

Adiante!

Opcións para a noticia:

Opción A: Facela en dixital. Usade programas coma LibreOffice.

Opción B: Usade un documento descargable de base.

Opción C: Facede a noticia á man. Usade unha cartolina A3. Despois sacade unha foto.

Non esquezades os puntos básicos da noticia:

Boa redacción: que responda a: que, como, cando, onde, quen/es, por que?

Correcta ortografía: revisade todo ben.

Tódalas partes da noticia: as que vimos antes.

Adiante!

Importante recordar!

Non esquezas os puntos básicos das noticias entre os que atopamos:

  • Boa redacción (incluíndo respostas indirectas ou directas ás preguntas que, como, cando, onde, quen/es, por que?).
  • Correcta ortografía (revisade todo, pero especialmente os aspectos tratados neste REA).
  • A inclusión de tódalas partes dunha noticia presentadas no apartado "Anatomizando as noticias".

Adiante! 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)