Saltar navegación

4. O noso medio de comunicación

Reto final

Estamos chegando ao final e axiña estará preparado o produto final do REA. Este consistirá na creación dun medio de comunicación que será froito da unión dos tres minirretos levados a cabo ao longo deste REA. Imos facer un breve repaso de cales foron os produtos obtidos nestes tres minirretos:

Enfoque multinivel

Cando se elaboraron os tres minirretos ofrecéronse tres opcións, das cales debería ser escollida só unha. Dado que o abano de produtos finais obtidos nos minirretos é amplo (produtos dixitais, representacións teatrais ou documentos escritos), presentaranse igualmente tres maneiras de combinar os minirretos en función das necesidades. En grupos elixide a opción que mellor encaixe coas vosas necesidades: 

Opción A

Reto físico

Utilizaredes medios físicos como cartolinas e papel para crear o voso medio de comunicación. Recolleredes nesa cartolina os guións empregados na redacción da noticia, na locución do programa de radio e no debate de televisión. Nunha mesma páxina, uniranse os tres pequenos traballos realizados ao longo deste REA. 

Opción B

Reto físico e dixital

Neste reto deseñaredes o voso propio medio de comunicación multimedia. Presentarédelo nunha cartolina cunha nova de prensa, un código QR para escoitar unha entrevista radiofónica que gravastes previamente e a descrición dun debate televisivo que logo escenificararedes na clase. Así pois, reuniremos neste reto final o resultado de todo o traballo levado a cabo nos últimos minirretos e darémoslle unha forma coherente e unificada. 

Opción C

Reto dixital

Utilizade unha plataforma dixital como MoodleAgueiro ou un blog para aloxar todo o material que teñades creado nos minirretos. Dádelle unha aparencia de medio de comunicación, como se se tratase dunha páxina en que os usuarios poden consultar información de actualidade. Incluíde tamén o nome do medio de comunicación, o logo e unha breve explicación de cada unha das seccións. 

Lectura facilitada

O meu produto final vai ser un medio de comunicación.

Lembro ben os minirretos que fixen.

No minirreto 1, fixen o deseño, redacción e maquetación dunha noticia de prensa.

No minirreto 2, gravei ou representei un programa de radio.

No minirreto 3, gravei ou representei un debate de televisión.

Hai tres opcións para o meu medio de comunicación final.

- Opción A: reto físico (todo en papel)

Usarei cartolinas e papel.

Nesa cartolina pegarei ou escribirei os guións da noticia, do programa de radio e do debate de televisión.

- Opción B: reto físico e dixital (un pouco de cada)

Crearei un medio de comunicación que mestura o físico e o dixital.

Ademais, incluirei un código QR para que poidan escoitar a miña entrevista de radio gravada.

Tamén describirei o meu debate de televisión e logo representareino na clase.

- Opción C: reto dixital (todo en liña)

Usarei unha plataforma dixital (como Moodle, Agueiro ou un blog).

Alí subirei todo o material que creei nos minirtetos.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa.

Nace o novo medio de comunicación. Debatede en grupo e posteriormente recollede no voso diario de aprendizaxe de maneira individual a información sobre as cuestións que se plantexan a continuación. 

Nace o noso medio de comunicación

Logo da TVG do 94 ao 97

Para comezar nunha folla A4 ou mediante un medio dixital, crearemos o noso medio de comunicación. Deseñaremos este medio tendo en conta que é un medio de comunicación noso e é para nenos e nenas. Así pois deberemos deseñar os seguintes aspectos:

  • Nome do medio:
  • Lema que define o medio:
  • Breve descrición (temáticas en que se centra, os seus puntos fortes, aspectos a resaltar...)
  • Nome e rol dos participantes e das participantes:
  • Programas e medios de comunicación que podería ter:

E, por último, tendo estes datos en conta, deseñaremos un logo que defina ben o noso medio de comunicación (pode ou non incluír o nome ou iniciais do nome do medio). Por exemplo, á esquerda do texto podes ver o logo da TVG entre os anos 1994 e 1997.

Exemplo

Raíñas do banco

Este é un exemplo de como podería ser o voso medio de comunicación:

  • Nome do medio: Os reis e raiñas do banco
  • Lema que define o medio: "O deporte é máis divertido se non temos que suar."
  • Breve descrición: Desde este medio de comunicación analizaremos o deporte que vivimos na escola, falaremos un pouco da actualidade do deporte galego, estudaremos deportes tradicionais e faremos moitas máis cousas: entrevistas, debates, programas coa colaboración da audiencia...
  • Nome e rol dos e das participantes: Xan (redactor do apartado de...)
  • Programas e medios de comunicación: Entrevistas deportistas (programa de radio en que se fala con xente que practica algún deporte), Ti contra min (programa televisivo de debates deportivos), Non vale furar (publicacións de xornal dedicadas ao fútbol galego...), Deporte na escola (aprendemos sobre outros deportes grazas a nenos e nenas da escola)...

Lectura facilitada

Crearei o meu medio de comunicación.

Será nunha folla A4 ou en dixital.

Deseñareino para nenos e nenas.

Deberemos decidir o seu nome.

Tamén buscarei un lema que o defina.

Farei unha descrición breve dos seus temas.

Direi o meu nome e o meu rol.

Pensarei que programas ou medios podería ter.

Por último, deseñarei un logo que o represente.

Así nacera o meu medio de comunicación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)