Conxunto de publicacións que teñen coma obxectivo informar.
Exemplo:
A prensa informou dos últimos acontecementos.
Xornal
Definición:
Texto escrito que adoita publicarse diariamente coas novas que están acontecendo na sociedade.
Exemplo:
Tódalas mañás merco o xornal para saber que está a acontecer no mundo.
Que é a prensa?
Poderías dicir que ten en común a última copa do mundo de baloncesto, unha nova lei aprobada no Congreso de Deputados e o descubrimento dun novo ser que habita na frondosidade do Amazonas? A resposta é sinxela; o que estas tres cuestións teñen en común é que todas elas poden aparecer na prensa.
Os xornais, as revistas e incluso os blogs dixitais, son coma "fiestras" cara ó exterior que nos permiten coñecer todo o que está a acontecer no mundo e incluso fóra del! Estades a piques de adentrarvos no coñecemento e exploración dese "común xornal" que acostumades ver nos bares, casas e coles e convertervos en auténticos e auténticas xornalistas capaces de estar informados e poder así falar con coñecemento e xustificando as vosas opinións.
Para entender mellor ese concepto de "fiestra" e a súa importancia, imos viaxar no tempo e coñecer a fascinante historia da prensa. A súa orixe remóntase a moitos anos atrás, cando a información era compartida dun xeito moi diferente e non estaba accesible para todo o mundo. Isto acontecía por diversos motivos que tedes escondidos a continuación, pero... poderiades debater a que nos podemos referir con ‘compartida dun xeito moi diferente’ e ‘non estaba accesible para todo o mundo’?
Audio
A accesibilidade restrinxida
De boca en boca: a forma máis común de compartir noticias era falando, o que facía que en moitas ocasións a información mudara segundo quen a contaba.
Mensaxeiros/as: encargábanse de enviar noticias importantes a lugares afastados. Ían a pé, en carro ou cabalo. Imaxina o tempo que lle levaba a unha nova chegar dun punto a outro.
Anuncios públicos: empregábase cartelaría para as novas importantes. Como a maioría da poboación non sabía ler, en ocasións había xente que se dedicaba a cantalas.
Manuscritos: para esa pequena parte da poboación que sabía ler (xeralmente reis, nobres ou clero). Como o seu propio nome di, estaban feitos á man, polo que tardaban moito e non se facían máis dunhas poucas copias.
Audio
Coa invención da imprenta (do que falaremos en profundidade máis adiante) isto mudou. Empezou a ser posible a produción en masa (varios exemplares dun mesmo xornal) e con iso, as noticias comezaron a chegar a máis persoas.
Os xornais foron os protagonistas á hora de contar e de de dar a coñecer ao mundo as guerras, descubrimentos, avances científicos e cambios na sociedade. Pero non só iso, en xornais e revistas aparte de noticias, podemos atopar con outro tipo de textos coma entrevistas, reportaxes, columnas de opinións etc. que nos amosan puntos de vista diferentes e nos invitan a reflexionar.
Con este percorrido histórico xa deberíamos ser conscientes da importancia da prensa así como coñecedores de que esta é un medio vivo moi importante que nos permite entender o que acontece preto de nós. Preparádevos! Comeza a vosa aventura, xornalistas.
Lectura facilitada
Eu vexo que a prensa cóntao todo: deportes, leis, descubrimentos.
Os xornais, revistas e blogs son coma "fiestras". Permítennos saber o que pasa no mundo.
Imos coñecer o xornal e ser xornalistas para estar informados.
A historia da prensa é antiga. Antes, a información era diferente e non chegaba a todos.
Isto pasaba por varios motivos:
- De boca en boca: a información cambiaba moito.
- Mensaxeiros: levaban tempo en chegar as noticias.
- Anuncios públicos: moita xente non sabía ler.
- Manuscritos: facíanse a man, poucas copias e levaban moito tempo.
Coa imprenta, todo cambiou. Puidéronse facer moitas copias e as noticias chegaron a máis xente.
Os xornais contaron guerras, descubrimentos e cambios. Tamén teñen entrevistas, reportaxes e opinións.
A prensa é un medio vivo moi importante para entender o que pasa preto de nós.
Preparádevos! Comeza a vosa aventura, xornalistas.
Audio
Verdadeiro ou falso?
Despois de ler o texto anterior, responde as seguintes preguntas.
Retroalimentación
Falso
Falso, tal e como sinala o texto as revistas e tamén outros formatos como os semanarios dixitais son considerados prensa.
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Falso
A prensa pode tratar infinidade de temas, incluídos os presentados no enunciado.
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Falso
Falso. A prensa foi adaptándose aos novos tempos e preséntase en diferentes formatos e estilos.