Saltar navegación

Sexa verdade ou non

Os modos do verbo

Algunha vez pensaste en cousas que poderían pasar, pero que non son seguras? Ou expresastes un desexo por algo? Para todas esas cousas, e máis, empregamos un modo verbal coñecido como: modo subxuntivo. Na lingua galega existen tres modos verbais:

  • O modo indicativo é o que adoitamos usar. Serve para falar de cousas reais, certas e feitos. Por exemplo: hoxe vai calor. Eu teño unha camiseta nova. Mañá vou cear hamburguesa.
  • O modo imperativo emprégase para dar ordes, suxestións ou consellos. Por exemplo: responde ao que che preguntan. Come o que tes no prato.
  • O modo subxuntivo é utilizado para falar de posibilidades, desexos ou expresarse. Por exemplo: Espero que non te sintas mal. Quizais chegue a tempo. É importante que estudes.

Os verbos en subxuntivo teñen terminacións un pouco distintas ás do indicativo. Así mesmo, tamén empregan tempos verbais que nos din cando é que pasa a acción (presente de subxuntivo), pasado (pretérito de subxuntivo) ou no futuro (futuro de subxuntivo). A continuación, podedes ver algúns dos exemplos máis comúns de verbos regulares:

Presente de subxuntivo

Andar Bater Vivir  Falar Comer Partir
Eu ande bata viva fale coma parta
Ti andes batas vivas fales comas partas
El / Ela ande bata viva fale coma parta
Nós andemos batamos vivamos falemos comamos partamos
Vós andedes batades vivades faledes comades partades
Eles / Elas anden batan vivan falen coman partan

Pretérito de subxuntivo

Andar Bater Vivir  Falar Comer Partir
Eu andase batese vivise falase comese partise
Ti andases bateses vivises falases comeses partises
El / Ela andase batese vivise falase comese partise
Nós andásemos batésemos vivísemos falásemos comésemos partísemos
Vós andásedes batésedes vivísedes falásedes comésedes partísedes
Eles / Elas andasen batesen vivisen falasen comesen partisen

Futuro de subxuntivo

Andar Bater Vivir Falar Comer Partir
Eu andar bater vivir falar comer partir
Ti andares bateres vivires falares comeres partires
El / Ela andar bater vivir falar comer partir
Nós andarmos batermos vivirmos falarmos comermos partirmos
Vós andardes baterdes vivirdes falardes comerdes partirdes
Eles / Elas andaren bateren viviren falaren comeren partiren

Lectura facilitada

Pensaches algunha vez en cousas incertas?

Ou expresaches un desexo?

Para iso usamos o modo subxuntivo.

Na lingua galega hai tres modos verbais:

Modo indicativo

É o que máis usamos.

Serve para falar de cousas reais.

De feitos.

Exemplo: hoxe vai calor.

Exemplo: eu teño unha camiseta nova.

Exemplo: mañá vou cear hamburguesa.

Modo imperativo

Úsase para dar ordes.

Tamén para suxestións ou consellos.

Exemplo: responde ao que che preguntan.

Exemplo: come o que tes no prato.

Modo subxuntivo

Úsase para posibilidades.

Para desexos.

Ou para expresarse.

Exemplo: espero que non te sintas mal.

Exemplo: quizais chegue a tempo.

Exemplo: é importante que estudes.

Os verbos en subxuntivo teñen terminacións diferentes.

Tamén usan tempos verbais.

Dinnos cando é que pasa a acción.

Pode ser en presente (presente de subxuntivo).

No pasado (pretérito de subxuntivo).

Ou no futuro (futuro de subxuntivo).

Aquí podes ver algúns exemplos comúns de verbos regulares:

Que preferirías?

Escoller

Que vos parece se practicamos un pouco co subxuntivo? Para iso imos xogar a un pequeno xogo. En parellas, lede as seguintes cuestións, escollede a opción que prefirades e razoade a vosa resposta. Fixádevos ben nos verbos que estamos a empregar!

  • Que preferirías:
    1. que fixese sol todos os días do ano?
    2. que nevase unha vez á semana, mesmo no verán?
  • Que preferirías:
    1. que os animais puidesen falar contigo?
    2. que os teus xoguetes cobrasen vida cando non miras?
  • Que preferirías:
    1. que tiveses a habilidade de voar, pero só cara atrás?
    2. que puideses respirar debaixo da auga?
  • Que preferirías:
    1. que non tiveses que facer máis nunca as tarefas para casa?
    2. que puideses comer o teu doce favorito todos os días sen que che fixese dano?

Agora tócavos a vós. Imaxinade dúas opcións divertidas, estrañas ou difíciles de escoller. Canto máis orixinais, mellor e intentade usar o subxuntivo nalgunha das opcións (ou nas dúas). Cando teñades escritas 3 ou 4 preguntas cada parella, compartídeas coa clase e os vosos compañeiros/as terán que escoller e explicar por que. 

Axuda: Pensade en verbos como ser (fose), ter (tivese), poder (puidese), facer (fixese), comer (comese), vivir (vivise), falar (falase)... e usádeos na forma de pretérito de subxuntivo (-se, -ses, -se, -semos, -sedes, -sen).

Lectura facilitada

Que vos parece se practicamos co subxuntivo?

Imos xogar a un xogo.

En parellas, leredes estas preguntas.

Escollede a opción que prefirades.

Explicade por que.

Fixádevos ben nos verbos!


Que preferirías:

Que fixese sol todos os días?
Que nevase unha vez á semana?

Que preferirías:

Que os animais puidesen falar contigo?
Que os teus xoguetes cobrasen vida cando non miras?

Que preferirías:

Que tiveses a habilidade de voar, pero só cara atrás?
Que puideses respirar debaixo da auga?

Que preferirías:

Que non tiveses que facer máis nunca as tarefas para a casa?

Que puideses comer o teu doce favorito sen que che fixese dano?

Agora tócavos a vós.

Atopando o modo

Pregunta

Indica se as seguintes frases son indicativas, subxuntivas ou imperativas:

1. Come a modo, por favor!

Respostas

Indicativo

Subxuntivo

Imperativo

Retroalimentación

Pregunta

2. Oxalá faga bo día mañá!

Respostas

Indicativo

Subxuntivo

Imperativo

Retroalimentación

Pregunta

3. Os golfiños son animais mamíferos que viven no mar.

Respostas

Indicativo

Subxuntivo

Imperativo

Retroalimentación

Pregunta

4. Quen falar fóra de quenda, non participará no xogo.

Respostas

Indicativo

Subxuntivo

Imperativo

Retroalimentación

Pregunta

5. Comede todo o prato!

Respostas

Indicativo

Subxuntivo

Imperativo

Retroalimentación

Pregunta

6. Onte falamos do partido do sábado.

Respostas

Indicativo

Subxuntivo

Imperativo

Retroalimentación

Pregunta

7. Gustaríame correr un maratón algún día.

Respostas

Indicativo

Subxuntivo

Imperativo

Retroalimentación

Unha receita especial

Hoxe ídesvos converter en cociñeiros/as! Non vamos cociñar comida de verdade... imos inventar receitas máxicas! Para que estas receitas especiais funcionen, necesitaremos usar o modo subxuntivo. Lembrade que o usamos para desexos, posibilidades, instrucións especiais, ou para indicar a finalidade de algo. Inventa e escribe unha receita atendendo ás seguintes instrucións:

Instrucións para escribir a túa receita:

  1. Elixe o resultado que desexas obter.
  2. Escolle un título.
  3. Inventa os ingredientes.
  4. Escribe os pasos da preparación e da realización
    1. Necesidade: é importante que mestures ben todo./ Precisas que a auga estea moi quente.
    2. Finalidade: déixao que colla cor verde./ Que sexa pouco denso.
    3. Condición: se quixeres que souber mellor, engade comiño./ Asegúrate de nada te moleste mentres o fas.
    4. Petición ou suxestión: recoméndoche que o gardes no frigorífico.

Lembrade empregar os verbos en subxuntivo (5 como mínimo) e subliñalos. Escribide a vosa receita e presentádea dun xeito breve aos vosos compañeiros.

Opcións de posibles receitas: 

  • Receita para ter algún superpoder.
  • Receita para facer un prato estraño.
  • Receita para que as tarefas para a casa se fagan soas.
  • Receita para crear unha pócema.

Lectura facilitada

Hoxe ídesvos converter en cociñeiros/as!

Non imos cociñar comida de verdade.

Vamos inventar receitas máxicas!

Para que estas receitas funcionen, necesitamos o modo subxuntivo.

Lembrade que o usamos para desexos.

Ou posibilidades.

Ou instrucións especiais.

Ou para a finalidade de algo.

Vou inventar e escribir unha receita.

Seguirei estas instrucións:

- Elixe o resultado que queres ter.

- Escolle un título.

- Inventa os ingredientes.

- Escribe os pasos de preparación.

Exemplos para a receita:

- Necesidade: é importante que mestures ben todo. Precisas que a auga estea moi quente.

- Finalidade: déixao que colla cor verde. Que sexa pouco denso.

- Condición: se quixeres que soubere mellor, engade comino. Asegúrate de que nada te moleste mentres o fas.

- Petición ou suxestión: recoméndoche que o gardes no frigorífico.

Lembrade usar polo menos 5 verbos en subxuntivo.

Subliñádeos.

Escribide a vosa receita.

Presentádea de forma breve aos compañeiros.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa.

Gustaríavos ter o voso podcast? Pensade en parellas e recollede de xeito individual no voso diario de aprendizaxe unha breve descrición de como sería o voso podcast. Lembra que o podcast non ten porque ser nunha lingua formal, así que podes expresarte libremente. Pensas que lle gustaría á xente? Por que?

Lectura facilitada

Penso co meu compañeiro ou compañeira como sería o noso podcast. 

Escribe no diario de aprendizaxe como sería o teu podcast.

Lembra que o podcast non ten por que conter unha lingua informal.

Gustaríalle á xente?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)