Publicamos o noso traballo
Seguro que ao longo de todos estes minirretos aprendiches moito sobre os medios de comunicación e a súa importancia na nosa forma de comunicarnos. A partir de agora, entenderás moito mellor o rol que teñen os medios, serás quen de analizar os seus contidos e mediante o pensamento crítico verás que non todo é sempre o que parece. En definitiva, os medios de comunicación forman parte da nosa identidade e da forma en que pensamos.
Agora é o momento de presentar ao resto da escola o traballo realizado polos diferentes equipos. Considerando que tódolos grupos fixeron un grande esforzo e dedicaron moito tempo neste traballo, é necesario prestar atención aos detalles de cada unha das tarefas.
Tras finalizar o visionado de cada un dos traballos deberedes realizar a coavaliación do reto final dun xeito crítico e á vez, construtivo. Para realizar esta avaliación...
Lectura facilitada
Ao longo destes retos, aprendín moito sobre os medios de comunicación e a súa importancia.
Agora entendo mellor o seu papel.
Serei capaz de analizar os seus contidos con pensamento crítico.
Verei que non todo é sempre o que parece.
Os medios de comunicación forman parte de como somos e pensamos.
Agora toca presentar os traballos ao resto da escola.
Todos os grupos fixeron un grande esforzo.
Dedicaron moito tempo a este proxecto.
É importante prestar atención a cada detalle.
Despois de ver cada traballo, farei unha coavaliación.
Esta avaliación será crítica e, ao mesmo tempo, construtiva.

