Que é un diario de aprendizaxe?
.png)
O diario de aprendizaxe é o espazo en que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo dos minirretos e do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso nos minirretos e no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.
Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir os minirretos e reto final proposto.
Lectura facilitada
No diario de aprendizaxe irás recollendo as experiencias vividas.
Tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto.
Co seu uso desenvolverás a túa autonomía.
Co seu uso desenvolverás a túa capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Deberás cubrilo segundo as indicacións da túa mestra ou mestre.
Nel irá valorando o teu progreso no reto.
É individual.
Contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.
Servirache de axuda para autoavaliarte.
Servirache de axuda para compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.