Saltar navegación

Reto opción A

Seguimos os pasos

Primeiro paso: nace o noso medio de comunicación

Unha vez tedes decidido o nome, logo ou lema do voso medio de comunicación, é hora de poñerse mans á obra. Comezamos!

Segundo paso: preparar a cartolina

Pictograma de cartolinas

Deberedes dividir unha cartolina en 3 ocos:

Cada un corresponderá ao espazo que lle dedicaredes aos minirretos que realizastes ao longo do REA.

Terceiro paso: elaboración dunha noticia (minirreto 1)

Pictograma de noticia

No minirreto 1 traballastes a elaboración dunha noticia. É hora de incluíla no noso medio de comunicación. Esta será a versión final. Con todo o que aprendestes, podedes modificala para que non quede ningún aspecto esquecido.  

Cuarto paso: guión do noso programa de radio (minirreto 2)

Pictograma de programa de radio

Neste apartado deberedes incluír o guión que empregastes para o voso programa de radio. 

Ademais do texto, indicade claramente as partes que interveñen: quen fala (locutores/as, presentadores/as, comentaristas, entrevistados/as etc) e que outros postos se desempeñaron (técnicos/as de son, intermediarios etc).

Non esquezades mencionar outros detalles importantes como a música de fondo, as pausas e calquera outro efecto ou indicación que seguístedes. Deste xeito, poderemos entender mellor como se organiza un programa de radio! 

Quinto paso: guión do debate (minirreto 3)

Neste último apartado, deberedes incluír o guión completo do debate que realizastes.

O primeiro será escribir o tema que se debateu.

Posteriormente, é fundamental que detalledes os argumentos que se trataron, especificando os que foron a favor e os que foron en contra da postura defendida por cada grupo. Xunta cada argumento, non esquezades incluír unha xustificación clara e concisa que explique por que se empregou ese argumento.

Finalmente, engadide un breve espazo onde expliquedes as técnicas para realizar un bo debate (por exemplo, escoitar activamente, respectar quendas etc.). 

Paso final: publicación

Publicidade

Deberemos expoñer estes traballos nos corredores ou en lugares visibles na nosa escola. Non debemos esquecer que o obxectivo máximo dun medio de comunicación é proporcionar información ao maior número de persoas posibles, por tanto, toda estratexia para que os traballos sexan vistos será boa! (exposición diante doutras clases, repartir panfletos anunciando o lugar onde se poden visitar etc).

Lectura facilitada

Primeiro paso: nace o meu medio

Xa decidín o nome, o logo e o lema do meu medio.

Agora teño que poñerme a traballar.

Segundo paso: preparo a cartolina

Debo dividir unha cartolina en tres ocos.

Cada oco será para un minirreto.

Terceiro paso: a miña noticia (minirreto 1)

Agora, incluirei a miña noticia do minirreto 1.

Será a versión final, mellorada con todo o que aprendín.

Cuarto paso: guión da radio (minirreto 2)

Poñerei o guión do meu programa de radio.

Explicarei quen fala e quen fai cada papel (técnicos e técnicas, por exemplo).

Non esquecerei detalles como a música ou as pausas.

Quinto paso: guión do debate (minirreto 3)

Neste último oco, incluirei o guión do meu debate.

Primeiro, direi o tema do debate.

Logo, os argumentos a favor e en contra, e por que os usei.

Tamén engadirei como facer un bo debate (escoitar, respectar quendas).

Paso final: publicación

Exporñerei os meus traballos na escola.

Quero que a miña información chegue a moita xente.

Apoio visual

Apoio visual: Opción A

Vamos comprobar...

Comprobade se están incluídos todos os elementos necesarios para acadar o reto final utilizando a lista de cotexo que se presenta a continuación. 

Lista de cotexo

Tamén podedes descargar o documento en formato editable aquí.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)