| Título |
Ei, saio na tele! |
|---|---|
| Descrición |
Partimos dunha situación de aprendizaxe en que o alumnado deberá resolver un reto que consiste na creación dunha plataforma para poder expresar as súas opinións e dispor dun modo de ter unha voz. A tarefa está proposta en varias fases a través das que se traballan os contidos propostos en PROENS para as unidades 7 e 8: os medios de comunicación, as entrevistas, aumentativos e diminutivos, o uso de x/s, os verbos en subxuntivo, o debate e os signos de puntuación. Neste REA ao alumnado deberá, apoiándose nos contidos propostos, elaborar textos e produtos multimedia de diferente tipo. Deberá tamén iniciarse no manexo de ferramentas de edición de vídeo, texto e deseño gráfico. |
| Persoas elaboradoras |
Marta Comendador Vidal, Pablo Míguez Sanmartín e Cristina Vázquez Lorenzo. |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Recoñecemento Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Ei, saio na tele!"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
