Saltar navegación

Aquí e agora

Dixital vs papel

Cando pensamos en prensa, seguro que vos imaxinades o típico xornal grande de papel, en branco e negro, coma os que vían os nosos avós e avoas, verdade?

Pictograma de agora

Iso era moi normal antes, pero agora a prensa cambiou moito! Eses xornais de papel dos que falamos, aínda existen, porén, e para adaptarnos aos tempos actuais, a prensa foise actualizando e agora podemos dispoñer deles en formato dixital a través de Internet (nos ordenadores, móbiles ou tabletas entre outros moitos dispositivos).

A prensa dixital é como ter o xornal as 24h do día dispoñible. Ademais, estes novos formatos permiten incluír acompañando as noticias, moitos máis vídeos ou imaxes que nos permiten facernos unha idea moi realista do que están a contar.

Pero... ollo que ás veces non todo son beneficios. É moi "guai" poder saber as cousas no momento no que acontecen, é dicir, de xeito "inmediato, xa!". Pero ás veces é preciso ter coidado co que lemos xa que pola necesidade ou demanda de sabelo todo no momento no que acontece,  os datos non se comproban con tanta minuciosidade e polo tanto... os erros e a falta de información aparece.

Pensade nesa prensa dixital da que estamos a falar. Sabedes dicir fontes onde atopala? E… saberiades diferenciar dentro de todos eses sitios aqueles que sabemos que contan a verdade e non se inventan cousas dos que si poden facelo ou é difícil comprobalo?

Aquí tendes a vosa seguinte misión ou tarefa. Debatede en gran grupo e completade o cadro que tedes a continuación seguindo o exemplo. Falade sobre fontes de información en liña e analizade e intercambiade opinións sobre a súa fiabilidade ou non.

Fonte Fiable/non fiable Razón
Wikipedia Non fiable Calquera pode subir información. 

Lectura facilitada

Eu imaxino o xornal de papel branco e negro, pero agora cambiou moito.

A prensa dixital está en Internet. Podo vela en ordenadores e móbiles.

É como ter o xornal sempre dispoñible, con vídeos e imaxes.

É xenial saber as cousas ao momento, é inmediato.

Pero debo ter coidado. Ás veces non comproban ben os datos e hai erros.

Pensa: onde atopas prensa dixital?

Sabes cales contan a verdade e cales non?

Aquí tes a túa misión:

Debatede en clase. Completade o cadro. Falade sobre as fontes de Internet e se son fiables.

Evolucionamos

Visionade o seguinte vídeo do minuto 2:43 ao 7:43…

Poderiades continuar a historia da escritura? Quedamos na invención do papel por parte dos chineses pero… sabedes que aconteceu despois?

Primeiras pegadas

Os primeiros rastros que temos da escritura foron en forma de imaxe. A xente debuxaba para recordar cousas ou enviar mensaxes. Un exemplo de isto, son, como comentamos en puntos anteriores os petróglifos.

Sistema cuneiforme sumerio

En lugares coma Mesopotamia comezaron a representar palabras empregando táboas de arxila. O seu nome vén de que o que se ‘escribía’ eran marcas con forma de cuña ou triángulo. Esas marcas eran símbolos que tiñan asociado un significado.

Os fenicios e o alfabeto

Os fenicios dedicábanse principalmente ao comercio marítimo. O seu traballo facíalles necesitar un sistema de escritura para os seus negocios; por iso, crearon un alfabeto sencillo baseado en sons consonánticos, sen vogais.

As adaptacións gregas e romanas

Os gregos e romanos aproveitaron esta invención fenicia para modificala e crear os seus alfabetos, que son, agora, a base dos alfabetos empregados agora pola maioría das linguas.

A escrita a mano

Antes da imprenta, os libros e escritos facíanse á man. Incluíndo os debuxos que acompañaban á letra. Isto facía que o tempo de produción fose longuísimo e os seus custes pouco accesibles para a maioría da poboación.

A gran revolución: a imprenta de Gutenberg

Gutenberg inventou unha máquina que podía facer múltiples copias dun texto de xeito rápido e mecánico. Isto fixo que a literatura fose máis accesible para toda a poboación, incluíndo aquí a prensa.

Lectura facilitada

Eu quero seguir a historia da escritura. Xa sei que os chineses inventaron o papel.

As primeiras escrituras eran debuxos. Eran para recordar ou enviar mensaxes.

En Mesopotamia usaron táboas de arxila. Escribían con marcas en forma de cuña.

Os fenicios fixeron un alfabeto sinxelo para os seus negocios. Tiña sons de consoantes.

Os gregos e romanos cambiaron ese alfabeto. Son a base dos que usamos hoxe.

Antes da imprenta, os libros facíanse á man. Era moi lento e caro.

Gutenberg inventou a imprenta. Podía facer moitas copias rápido.

Así os libros e a prensa chegaron a máis xente.

A pedra foi a primeira base. Despois veu o papiro.

Despois o pergamiño, de pel de animais.

O papel que coñecemos veu da China.

Evolución dos soportes

A pedra foi a primeira base onde se atoparon escritos, porén, isto foi evolucionando.

  • Os exipcios inventaron o papiro e posteriormente o pergamiño (feito con pel de animais).
  • O papel que coñecemos hoxe en día provén da China.

Lista desordenada

Ordea cronolóxicamente os seguintes elementos.

  • Petróglifos
  • Táboas de arxila en Mesopotamia
  • Primeiro alfabeto
  • Alfabetos grego e romano
  • Produción manual
  • Imprenta

Comprobar

Correcto!

202548164018-120
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

A resposta correcta é:

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa.

Recollede xeito individual no voso diario de aprendizaxe todos os beneficios que cres que achegou a imprenta á sociedade. Que acontecería se non chegase a existir? Estaría a sociedade igual de avanzada? Por que?

Lectura facilitada

Vou escribir no meu diario de aprendizaxe.

Vou recoller todos os beneficios que a imprenta trouxo á sociedade.

Que pasaría se non existira a imprenta?

Estaría a sociedade tan avanzada coma agora?

Por que?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)