O debate
Agora que xa traballastes os diferentes tipos de programas televisivos que existen, imos a enfocarnos nun deles en particular: os programas de debate. Estes son espazos en que persoas con diferentes opinións sobre un tema polémico expoñen os seus argumentos a favor ou en contra para defender a súa postura. O obxectivo final é persuadir o público para que este adopte unha determinada postura.
Un debate está integrado por tres figuras. A primeira é o moderador/a, que conduce o debate, formula as diferentes cuestións e sempre debe mostrarase neutral. A segunda son os ou as opoñentes, que defenden ou refutan unha postura sobre os temas presentados. A terceira é o público, que ten un papel menos activo, pero que pode intervir expresando inquedanzas ou preguntas aos ou ás opoñentes.
Lectura facilitada
Agora imos falar dos debates.
Son programas onde persoas con ideas diferentes falan dun tema.
Expresan os seus argumentos a favor ou contra.
Defenden a súa postura.
O obxectivo é convencer ao público.
Un debate ten tres figuras.
A primeira é o moderador/a.
Conduce o debate.
Fai as preguntas.
Sempre debe ser neutral.
A segunda son os opoñentes.
Defenden ou non unha idea sobre o tema.
A terceira é o público.
Ten un papel menos activo.
Pero pode facer preguntas aos ou ás opoñentes.
Nun debate é moi importante seguir as normas.
Moita xente quere falar.
Non podemos esquecer as quendas de palabra.
Ou unhas normas para que ninguén se sinta mal.
Debemos respectar o ou ao opoñente.
Evitar palabras feas.
Respectar o tempo e quendas de cada un ou unha.
Falar con argumentos claros.
Non falar de cousas que non importan.
Mostrar unha actitude aberta.
Estar dispostos e dispostas a aprender.
Non sempre temos razón.
Non hai unha verdade única en moitos temas.
Poden existir diferentes opinións.
Audio
As regras do xogo
Nun debate é moi importante seguir as normas. Ao tratarse de tanta xente querendo falar, pode ser un pouco complicado entenderse sen establecer quendas de palabra ou códigos éticos para que ninguén se sinta fóra de lugar. Agora repasaremos algunhas das normas máis importantes:
- Respectar o ou a opoñente e evitar as palabras malsoantes ou expresións desagradables.
- Establecer quendas para falar e respectar o tempo asignado para cada quén.
- Expresarse empregando argumentos sólidos.
- Manterse no tema e non desviarse cara a outras cuestións non importantes ou que non son obxecto de debate.
- Mostrar unha actitude aberta e estar dispostos e dispostas a aprender. Non sempre temos a razón aínda que nos pareza que é así; tampouco non existe unha verdade universal sobre moitos temas e poden existir diferentes opinións ao respecto.



