Saltar navegación

Reto opción B

Seguimos os pasos

Primeiro paso: nace o noso medio de comunicación

Unha vez tedes decidido o nome, logo ou lema do voso medio de comunicación, é hora de poñerse mans á obra. Comezamos!

Segundo paso: preparar a cartolina

cartolina

No segundo paso, deberedes preparar unha cartolina que servirá como panel do noso medio de comunicación. Nesta cartolina deberedes engadir o logo creado e o nome do medio de comunicación escollido. Lembrade que deberedes deixar espazo para situar os diferentes minirretos realizados con anterioridade.

Terceiro paso: preparar a noticia de prensa

noticia prensa

Agora, deberedes recuperar a noticia de prensa en que traballastes no minirreto anterior ou deseñar unha noticia nova. Despois, teredes que ordenar todo como corresponde tendo en conta as partes que debe ter a noticia de prensa e fixándovos en que no nfalte un titular, unha imaxe (real ou debuxada) cun pé de foto e revisando a redacción da noticia.

Cuarto paso: preparar o programa de radio con código QR

lectura dun código qr

Despois de gravar o programa de radio e pasar pola súa edición por medios dixitais, deberedes subir o arquivo a algunha das seguintes plataformas: Agueiro, Aula Virtual ou Páxina Web da escola.

Tendes toda a información para xerar un código QR a continuación.

Quinto paso: preparar o programa de televisión co debate

programa televisión

Antes de rematar, neste último apartado, deberedes incluír o guión completo do debate que realizastes.

O primeiro será escribir o tema que se debateu.

Posteriormente, é fundamental que detalledes os argumentos que se trataron, especificando os que foron a favor e os que foron en contra da postura defendida por cada grupo. Xunta cada argumento, non esquezades incluír unha xustificación clara e concisa que explique por que se empregou ese argumento.

  • De maneira opcional, podedes crear unha infografía que mostre as posturas do debate cos datos e os argumentos presentados no programa de televisión.

Paso final: publicación

Deberemos expoñer estes traballos nos corredores ou en lugares visibles na nosa escola. Non debemos esquecer que o obxectivo dun medio de comunicación é proporcionar información ao maior número de persoas posibles e procurar chegar a todo o mundo. Así pois, toda estratexia para que os traballos sexan vistos será boa!

Como o voso medio de comunicación ten que ser visible polo resto de compañeiros e compañeiras, deberedes expoñelo, a ser posible, fóra da aula. Lembrade incluír o código QR e animar a xente e as outras clases a que interactúen co voso traballo.

Lectura facilitada

Primeiro paso: creo o meu medio

Xa teño o nome, logo e lema.

Segundo paso: preparo a cartolina

Vou usar unha cartolina como panel.

Nela poñerei o logo e o nome do medio.

Terceiro paso: a miña noticia

Recupero a noticia do minirreto ou fago unha nova.

Organízoa ben: titular, imaxe con pé de foto.

Reviso toda a redacción con coidado.

Cuarto paso: a miña radio con QR

Subirei o meu programa de radio gravado e editado.

Usarei unha plataforma dixital (Aula Virtual, por exemplo).

Xerarei un código QR para que se poida escoitar.

Quinto paso: a miña televisión co debate

Incluirei o guión completo do meu debate.

Primeiro, direi o tema.

Logo, os argumentos a favor e en contra, con xustificación.

Podo facer unha infografía do debate, se quero.

Paso final: publicación

Expoñerei os meus traballos na escola.

Quero que moita xente vexa o meu medio.

Debe ser visible para os compañeiros e compañeiras, se pode ser, fóra da aula.

Animarei a todos a interactuar co meu traballo e o QR.

Apoio visual

Apoio visual: Opción B

Xeración de código QR

Para crear un código QR que garde o traballo (o recurso) que fixestes no voso grupo, imos usar unha aplicación de balde que non pide que vos rexistredes: Get-QR. Ademais, esta aplicación permítenos meter un PDF, para que poidades compartir o voso produto moi facilmente. Os pasos que tedes que seguir son os seguintes:

  1. Fai clic na lapela que serve para engadir un PDF.
  2. Arrastra ata esa zona o PDF do documento que creaches.
  3. Escolle como queres que sexa o teu QR: as cores, o estilo das esquinas (se queres que sexan máis redondas ou cadradas), decide se lle pos un marco ou non, e tamén se queres engadir o logo do voso colexio.

Ademais desta, hai moitas outras opcións en Internet que son de balde e que vos deixan usar as funcións máis comúns sen ter que rexistrarvos.

Vamos comprobar...

Comprobade se están incluídos todos os elementos necesarios para acadar o reto final utilizando a lista de cotexo que se presenta a continuación. 

Lista de cotexo

Tamén podedes descargar o documento en formato editable aquí.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)