Saltar navegación

2.1. As noticias

Comunicámonos

Como xa estivemos a ver noutros cursos, unha noticia é un texto que ten como obxectivo informar sobre acontecementos que se dan na actualidade. As súas características principais son a obxectividade, a imparcialidade e o emprego dunha linguaxe informativa.

As noticias deben responder ás seguintes preguntas:

Lectura facilitada

Unha noticia é un texto.

Quere informar sobre algo que pasa agora.

As súas características son:

- É obxectiva.

- É imparcial.

- Usa unha linguaxe informativa.

As noticias deben responder a unhas preguntas:

Que ocorreu?

Eu conto os feitos principais da noticia.

Exemplo: Un grupo de nenas atoparon un tesouro. Estaba escondido no colexio.

Quen son os protagonistas?

Eu falo das persoas da noticia.

Exemplo: Son un grupo de nenas de sexto de primaria do colexio "O Faro".

Cando ocorreu?

Eu digo cando pasou a noticia.

Exemplo: O descubrimento foi o pasado martes pola tarde.

Onde sucedeu?

Eu digo o lugar onde pasou a noticia.

Exemplo: O tesouro apareceu no patio do colexio.

Por que ocorreu?

Eu explico a razón.

Exemplo: O tesouro foi escondido polos viquingos hai moitos anos. Iso di unha lenda.

Como sucedeu?

Eu conto como pasaron os feitos.

Exemplo: As nenas facían un buraco para plantar tomates. Alí atoparon un cofre enterrado.

Que aconteceu?

Interrogación

Trata de dar resposta a cales son os feitos principais da noticia. Que ocorreu? De que se trata a noticia?

Un grupo de nenas atoparon un tesouro escondido no seu colexio.

Quen protagoniza os feitos?

Persoa

Aquí falamos dos personaxes da noticia. Quen son os protagonistas? Quen participou nos feitos?

Un grupo de nenas da clase de sexto de primaria do colexio "O Faro".

Cando acontece?

Data

Aquí sitúase a noticia no tempo. Cando ocorreu? En que momento sucederon os feitos? 

O descubrimento ocorreu o pasado martes pola tarde.
 

Onde acontece?

Lugar

Esta pregunta nos sitúa no lugar onde ocorreron os feitos. Onde sucedeu? En que lugar se desenvolveu a noticia?

O tesouro foi atopado no patio do colexio.

Por que aconteceu?

Pregunta

Aquí explícase a razón detrás dos feitos. Por que ocorreu? Cal foi a causa da noticia?

O tesouro fora escondido polos viquingos hai moitos anos, segundo conta unha lenda local.

Como acontece?

Como?

Esta pregunta describe a forma en que ocorreron os feitos. Como sucedeu? De que maneira se se secuencia a noticia?

As nenas estaban facendo un buraco para sementar tomates e leitugas no horto escolar cando atoparon un cofre enterrado. 
 

Sabías que...

Existe un termo anglosaxón para referirse a estas seis preguntas que acabamos de presentar: as 5W. Chámanse así porque en lingua inglesa a letra inicial coa que comeza cada unha das preguntas é o w. Así, esta sería a correspondencia: 

Que = What 

Quen = Who

Cando = When

Onde = Where

Por que = Why

Para a última pregunta, “como acontece”, o termo equivalente sería “how”, polo que se engade o h á terminoloxía: 5W+H.

Un ollo xigante no ceo para coidar do planeta

Dron

Agora tócache a ti. De xeito individual le a seguinte noticia e responde as preguntas que se expoñen a continuación do mellor xeito posible. Tes tres opcións de actividade.

Un ollo xigante no ceo para coidar do planeta.

Chegan noticias emocionantes dende o espazo. Un novo satélite, chamado "ClimaWatch", será lanzado ao espazo dende Cabo Cañaveral, Florida (Estados Unidos) o próximo mes de xullo, co fin de axudar a entender mellor o clima. É como un ollo xigante que observa dende arriba e que informa aos científicos e científicas do equipo de investigación da NASA que o creou de todo o que está a pasar na Terra climatoloxicamente falando. 

O planeta Terra ten un clima que está en constante cambio. O clima é cíclico e os científicos e científicas teñen razóns para crer que está mudando de novo. Un dos sinais máis evidentes é a cantidade de fenómenos meteorolóxicos adversos e catástrofes naturais que están a suceder. Por iso é preciso saber como funciona o clima para poder anticiparse ás diversas situacións e ofrecer protección á cidadanía. 

O satélite "ClimaWatch" tomará fotos e medidas da Terra dende o espazo para estudar como se moven as nubes, como sopra o vento, e como cambia a temperatura. Coa información que “ClimaWatch” envía, os científicos poderán facer mellores predicións do tempo. Tamén contribuirá a entender como está a cambiar o clima do noso planeta, e como coidalo para que siga sendo un lugar fermoso para vivir.

“ClimaWatch” é como un robot moi grande que posúe instrumentos especiais para medir os parámetros meteorolóxicos. Ten cámaras que toman fotos da Terra, sensores que miden a temperatura, e antenas para enviar a información aos científicos e científicas na Terra. Pesa aproximadamente cinco toneladas e mide uns oito metros de alto por cinco de ancho. 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía apunta a que durante as noites de verán poderemos ver o satélite se nos fixamos. Seremos quen de localizar o artefacto no ceo estrelado?

Lectura facilitada

Agora tócache a ti.

Vou ler esta noticia.

Vou responder ás preguntas.

Teño tres opcións de actividade.


Noticia: O satélite ClimaWatch

Chegan noticias emocionantes do espazo.

Van lanzar un novo satélite.

Chámase "ClimaWatch".

Sairá en xullo dos Estados Unidos.

Axudará a entender mellor o clima.

É como un ollo xigante que observa a Terra.

Informa aos científicos da NASA.

O clima da Terra cambia moito.

Os científicos cren que está mudando de novo.

Hai moitos fenómenos de tempo malos.

Por iso é importante saber como funciona o clima.

Así podemos saber o que vai pasar.

O satélite "ClimaWatch" sacará fotos da Terra.

Medirá as nubes, o vento e a temperatura.

Os científicos farán mellores predicións.

Axudará a coidar o planeta.

É como un robot grande.

Ten cámaras e sensores.

Envía información á Terra.

Pesa cinco toneladas.

Mide oito metros de alto.

Podemos velo nas noites de verán se nos fixamos.

Que falta aquí?

Imos actuar como detectives da comunicación! En grupos, analizade as seguintes noticias en diferentes formatos. Empregando a táboa que tedes a continuación, marcade que aspectos botades en falta e incluídeos con exemplos.

Que? Quen? Cando? Onde? Por que? Como?

Noticia 1:

Noticia 2:

Acádase a marca mundial pola construción da casa da árbore máis grande que existe. Xosé Manuel e a súa filla de once anos, Marta, son os autores desta construción sen igual. Levoulles preto de dous anos rematar a casiña que instalaron nunha árbore do seu xardín. Á casa non lle falta ningún tipo de detalle: ten portas, ventás, unha cama, un sofá e mesmo unha terraza dende a que observar o mundo dende as alturas. Esta fin de semana abrirán a súa particular casiña a todo aquel que queiran botar unha ollada.

Noticia 3:

Noticia 4:

Descobren unha nova especie de golfiño. A presentación dos resultados da investigación tivo lugar o pasado luns. Estes golfiños teñen un corpo máis pequeno que o golfiño estándar e a cor da súa pel é máis esbrancuxada. Diversos medios nacionais e internacionais fixéronse eco da noticia pois a relevancia deste achado para a ciencia é moi relevante.

Opción A: Analizamos as noticias

Responde V/F as seguintes preguntas en relación á noticia lida anteriormente.

Pregunta 1

O satélite “ClimaWatch” será lanzado ao dende Xapón.

Pregunta 2

Un equipo de científicos e científicas da NASA deseñaron e construíron o satélite “ClimaWatch”.

Pregunta 3

“ClimaWatch” é un robot moi grande que mide oito por cinco metros.

Pregunta 4

Os científicos e científicas da NASA planean lanzar ó espazo o satélite no mes de marzo.

Pregunta 5

Coa información que o satélite envía, os científicos poderán predicir que pasará no futuro. 

Pregunta 6

O satélite axudará a comprender mellor o clima. 

Pregunta 7

Algunhas das ferramentas que posúe o satélite son cámaras, sensores, antenas ou pluviómetros. 

Pregunta 8

A Axencia Estatal de Meteoroloxía anunciou que durante as noites de primavera poderemos ver o satélite no ceo.

Opción B: As partículas interrogativas

Completa coas partículas interrogativas que debe sempre responder sempre unha noticia.

  • = Un satélite chamado “ClimaWatch” vai ser lanzado ao espazo.

  • = Un grupo de científicos e científicas da NASA será o encargado de levar a cabo o lanzamento.

  • = O lanzamento terá lugar en xullo.

  • = O lanzamento realizarase dende Cabo Cañaveral, Florida (Estados Unidos).

  • = A ciencia quere comprender mellor o funcionamento do clima.

  • = O satélite “ClimaWatch” posúe varios instrumentos, como cámaras, sensores ou antenas, cos que recollerá información dende o espazo e a enviará ao equipo científico que a estudará.

Activar JavaScript

Opción C: Emparellamos preguntas e respostas

Relaciona.

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Relaciona.

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Que%20vai%20ser%20lanzado%20dende%20Cabo%20Ca%C3%B1averal%20en%20xullo%3F","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Un%20sat%C3%A9lite"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Quen%20dese%C3%B1ou%20e%20constru%C3%ADu%20o%20sat%C3%A9lite%20%E2%80%9CClimaWatch%E2%80%9D%3F","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Os%20cient%C3%ADficos%2Fas"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Cando%20ser%C3%A1%20lanzado%20o%20sat%C3%A9lite%20%E2%80%9CClimaWatch%E2%80%9D%3F","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"En%20ver%C3%A1n"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Onde%20ter%C3%A1%20lugar%20o%20lanzamento%20do%20sat%C3%A9lite%3F%20","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"En%20EEUU"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Por%20que%20se%20lanzar%C3%A1%20o%20sat%C3%A9lite%20%E2%80%9CClimaWatch%E2%80%9D%20ao%20espazo%3F","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Para%20investigar%20o%20clima"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Como%20recolle%20a%20informaci%C3%B3n%20sobre%20o%20clima%20o%20sat%C3%A9lite%20%E2%80%9CClimaWatch%E2%80%9D%3F","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Con%20c%C3%A1maras%2C%20sensores%20e%20antenas"}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"2025428497-120","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)