Saltar navegación

Reto opción C

Seguimos os pasos

Primeiro paso: nace o noso medio de comunicación

Unha vez tedes decidido o nome, logo ou lema do voso medio de comunicación, é hora de poñerse mans á obra. Comezamos!

Segundo paso: preparar Agueiro ou Moodle

Pictograma de páxina web

Creade unha páxina en Agueiro ou Moodle en que incluiredes as vosas producións. Como é a vosa páxina, deberedes personalizala, utilizando os temas, tipo e tamaño de letra, imaxes ou cores que máis vos gusten e que mellor definan o voso medio de comunicación. 

Como crear unha páxina en Agueiro?

Como crear unha páxina en Moodle?

Terceiro paso: a noticia (minirreto 1)

Pictograma de noticia

Anexade a noticia no corpo da páxina que deseñastes no paso número dous. Podedes ir copiando e pegando o arquivo dixital nesta nova páxina. Incluíde:

  • Título
  • Entrada
  • Corpo da noticia
  • Imaxes ou vídeos 

Cuarto paso: entrevista na radio (minirreto 2)

Pictograma de programa de radio

Anexade a entrevista feita na radio. Incluíde o arquivo en formato audio mediante a ferramenta correspondente na páxina creada no paso número dous. Engadide de maneira escrita un título e unha pequena descrición do contido da entrevista. Tamén podedes incluír algunha fotografía do proceso de gravación, no caso de que fixésedes algunha.

Quinto paso: o debate en televisión (minirreto 3)

Emisora de TV

Anexade o debate de televisión. Incluíde o arquivo de vídeo mediante a ferramenta correspondente na páxina creada no paso número dous. Engadide de maneira escrita un título e unha pequena descrición do contido da entrevista. Tamén podedes incluír algunha fotografía do proceso de gravación, no caso de que fixésedes algunha.

Paso final: publicación

publicidade

Deberemos expoñer estes traballos nos corredores ou en lugares visibles na nosa escola. Non debemos esquecer que o obxectivo máximo dun medio de comunicación é proporcionar información ao maior número de persoas posibles, polo tanto toda estratexia para que os traballos sexan vistos será boa!

Como o voso medio de comunicación é completamente dixital, podedes elaborar un código QR para incluír en carteis que o anuncien. 

Lectura facilitada

Primeiro paso: creo o meu medio

Xa decidín o nome, logo e lema do meu medio de comunicación.

Segundo paso: preparo Agueiro ou Moodle

Vou crear unha páxina en Agueiro ou Moodle.

Nela subirei as miñas producións.

Terceiro paso: a miña noticia (minirreto 1)

Agora, anexo a noticia que fixen no minirreto 1 na miña páxina.

Copiarei e pegarei o arquivo dixital alí.

Incluirei o título, a entrada, o corpo e imaxes.

Cuarto paso: a miña entrevista de radio (minirreto 2)

Anexo a miña entrevista de radio na páxina.

Subirei o arquivo de audio coa ferramenta axeitada.

Engadirei un título e unha descrición curta do contido.

Quinto paso: o meu debate de televisión (minirreto 3)

Anexo o meu debate de televisión na páxina.

Subirei o arquivo de vídeo coa ferramenta axeitada.

Paso final: publicación

Expoñerei os meus traballos na escola, en lugares visibles.

Farei un código QR para que poidan acceder ao meu medio dixital.

Poñerei carteis con este código QR para anunciar o meu traballo.

Apoio visual

Apoio visual: Opción C

Xeración de código QR

Para crear un código QR que garde o traballo (o recurso) que fixestes no voso grupo, imos usar unha aplicación de balde que non pide que vos rexistredes: Get-QR. Ademais, esta aplicación permítenos meter un PDF para que poidades compartir o voso produto moi facilmente. Os pasos que tedes que seguir son os seguintes:

  1. Fai clic na lapela que serve para engadir un PDF.
  2. Arrastra ata esa zona o PDF do documento que creaches.
  3. Escolle como queres que sexa o teu QR: as cores, o estilo das esquinas (se queres que sexan máis redondas ou cadradas), decide se lle pos un marco ou non, e tamén se queres engadir o logo do voso colexio.

Ademais desta, hai moitas outras opcións en Internet que son de balde e que vos deixan usar as funcións máis comúns sen ter que rexistrarvos.

Vamos comprobar...

Comprobade se están incluídos todos os elementos necesarios para acadar o reto final utilizando a lista de cotexo que se presenta a continuación. 

Lista de cotexo

Tamén podedes descargar o documento en formato editable aquí.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)