Repasando os verbos
Lembrades que son os verbos? Son palabras que nos din o que facemos ou o que acontece (como correr, comer, rir, chover...). Ademais se atendemos aos tempos verbais podemos ter unha máquina do tempo. O tempo verbal dinos cando pasa a acción. É como dicir se algo pasa agora (presente), se xa pasou (pasado) ou se vai pasar (futuro).
Os verbos
Un verbo é unha palabra que expresa: accións (nadar, saltar, comer, escribir, xogar...), estados (ser, estar, parecer...) ou procesos naturais (chover, nevar, amencer...). Ademais, cando buscamos un verbo no dicionario, atopámolo na súa forma base, chamada infinitivo. O verbo na súa forma infinitiva sempre ten que remater en -ar, -er ou -ir. Por exemplo: falar, beber, vivir...
1ª conxugación (-ar)
| Presente de indicativo | Copretérito de indicativo | Pretérito indicativo |
Futuro de indicativo | Antepretérito de indicativo | Pospretérito | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Eu | ando | andaba | andei | andarei | andara | andaría |
| Ti | andas | andabas | andaches | andarás | andaras | andarías |
| El / Ela | anda | andaba | andou | andará | andara | andaría |
| Nós | andamos | andabamos | andamos | andaremos | andaramos | andariamos |
| Vós | andades | andabades | andastes | andaredes | andarades | andariades |
| Eles / Elas | andan | andaban | andaron | andarán | andaran | andarían |
2ª conxugación (-er)
| Presente de indicativo | Copretérito de indicativo | Pretérito indicativo | Futuro de indicativo | Antepretérito de indicativo | Pospretérito | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Eu | como | comía | comín | comerei | comera | comería |
| Ti | comes | comías | comiches | comerás | comeras | comerías |
| El / Ela | come | comía | comeu | comerá | comera | comería |
| Nós | comemos | comiamos | comemos | comeremos | comeramos | comeriamos |
| Vós | comedes | comiades | comestes | comeredes | comerades | comeriades |
| Eles / Elas | comen | comían | comeron | comerán | comeran | comerían |
3ª conxugación (-ir)
| Presente de indicativo | Copretérito de indicativo | Pretérito indicativo | Futuro de indicativo | Antepretérito de indicativo | Pospretérito | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Eu | vivo | vivía | vivín | vivirei | vivira | viviría |
| Ti | vives | vivías | viviches | vivirás | viviras | vivirías |
| El / Ela | vive | vivía | viviu | vivirá | vivira | viviría |
| Nós | vivimos | viviamos | vivimos | viviremos | vivíramos | viviriamos |
| Vós | vivides | viviades | vivistes | viviredes | vivírades | viviriades |
| Eles / Elas | viven | vivían | viviron | vivirán | viviran | vivirían |
Os tempos verbais
Pasado
Usámolo para falar de cousas que xa ocorreron. Hai dúas formas principais de mirar cara atrás: pretérito perfecto que conta accións que pasaron e remataron nun momento concreto (onte, a semana pasada...). Exemplos: Onte comín lentellas.
Presente
Usámolo para falar de cousas que están pasando xusto agora ou que pasan habitualmente (todos os días, moitas veces...). Exemplos: Eu vexo o fútbol pola televisión.
Futuro
Usámolo para falar de cousas que aínda non pasaron, pero que pensamos que van ocorrer máis adiante (mañá, o ano que vén, despois...). Exemplos: O ano que vén estudaremos os planetas.
Lectura facilitada
Lémbraste dos verbos?
Son palabras que din o que facemos.
Ou o que acontece.
Por exemplo: correr, comer, chover.
Os tempos verbais son coma unha máquina do tempo.
Dinnos cando pasa a acción.
Pode ser agora (presente).
Ou xa pasou (pasado).
Ou vai pasar (futuro).
Que é un verbo?
Un verbo expresa:
- Accións: nadar, saltar, comer.
- Estados: ser, estar, parecer.
- Procesos naturais: chover, nevar.
No dicionario, o verbo está no seu infinitivo.
Acaba en -ar, -er ou -ir.
Por exemplo: falar, beber, vivir.
Temos 1ª (-ar), 2ª (-er) e 3ª conxugación (-ir).
Os tempos verbais
Pasado:
Para cousas que xa ocorreron.
Exemplo: Onte comín lentellas.
Presente:
Para cousas que pasan agora.
Ou que pasan sempre.
Exemplo: Eu vexo o fútbol.
Futuro:
Para cousas que aínda non pasaron.
Van pasar máis adiante.
Exemplo: O ano que vén estudaremos os planetas.

