Examinar técnica ou criticamente, nunha sesión de traballo, un produto presentado polo resto do alumnado onde a miúdo mantense o anonimato do examinador.
Exemplo:
Os alumnos coavaliaron os seus traballos para detectar posibles erros.
Exposición
Definición:
Acción e efecto de expoñer algo para que sexa visto, escoitado e apreciado por outras persoas.
Exemplo:
Fun ver a exposición que fixo na libraría sobre a súa novela.
Foro
Definición:
Espazo en liña en que se trata un asunto de interese ou un tema concreto
Exemplo:
No foro do meu programa deportivo fala todo o mundo sen leren os demais.
Conclusións
Conseguímolo! O noso reto está rematado con éxito. Foi unha tarefa longa e laboriosa, pero xa estamos emitindo (en liña ou en papel) desde a nosa aula.
Aínda que traballamos moito, agora toca realizar o último paso, que non por ser o último é o menos importante. Para rematar ben o traballo, é crucial avaliar o noso desempeño individual e grupal e tamén analizar criticamente o traballo dos outros grupos. Para facelo, expoñeremos o noso proxecto aos compañeiros e compañeiras para que o valoren, e despois de ter certa interacción cos proxectos dos compañeiros e compañeiras, nós valoraremos os seus.
Este proceso axudaranos a identificar áreas de mellora para futuros proxectos e a entender como se percibe o noso traballo de forma máis obxectiva por parte dos nosos e compañeiras e por parte do noso propio grupo.
Vamos coa fase final deste desafío!
Lectura facilitada
Xa finalizamos o reto.
Vamos avaliar o traballo dos compañeiros e compañeiras.
Axudaremos a facer mellor os seguintes traballos.
Seremos xustos e xustas coas nosas opinións.
Audio
Interactuamos
Comentarios pegañentos
Despois de ver/escoitar/ler o traballo dun grupo, colleredes as vosas notas adhesivas para interactuar cos traballos dos compañeiros e compañeiras:
Nunha nota adhesiva (por exemplo, a de cor amarela), debuxaredes de unha a cinco estrelas valorando o traballo dos compañeiros e escribiredes algo que vos gustou moito dese traballo. Por exemplo:
"A entrevista foi moi clara e as preguntas moi interesantes."
"Gustoume moito o tema da vosa noticia, era moi curioso!"
"No debate, defendestes moi ben as vosas ideas."
Noutra nota adhesiva (por exemplo, a de cor azul), escribiredes un desexo é dicir, unha suxestión ou idea para que ese traballo poida mellorar un pouquiño, sempre con moito respecto. Por exemplo:
"Quizais na entrevista poderiades falar un pouco máis amodo para que se entendese mellor."
"Un desexo: que na noticia houbese unha foto ou un debuxo."
"No debate, quizais poderiades deixar un pouquiño máis de tempo para responder entre uns e outros."
Na última nota adhesiva (por exemplo, a de cor verde), participaredes na noticia, no debate ou na entrevista escribindo o título da sección, achegando algo interesante ou debatendo os argumentos ou feitos propostos por outros grupos. Por exemplo:
"Non creo que o xadrez sexa un deporte, pero pareceume moi interesante a entrevista."
"Baixo o meu punto de vista, ese tipo de música non debería ser considerado música."
Falamos no foro
Entraremos no foro ou espazo en liña.
Buscaremos os traballos dos outros grupos.
Deixaremos un comentario escrito para cada grupo (ou para os que se nos indique).
Que poñer no comentario?
Algo positivo: "Parabéns polo voso debate! Os argumentos foron moi claros."
Unha suxestión construtiva: "Unha idea para a vosa noticia: quizais poderiades engadir unha declaración dunha das persoas entrevistadas para facela máis real."
Unha pregunta (opcional): "Teño unha dúbida sobre a vosa entrevista, por que elixistes ese personaxe?"
Lectura facilitada
Despois de ver os traballos, farei tres comentarios con notas adhesivas:
Nota amarela: o que me gustou poñerei estrelas (de 1 a 5). Escribirei algo que me encantou. Exemplo: "A entrevista foi moi clara."
Nota azul: un desexo de mellora dareilles unha suxestión para mellorar, con respecto. Exemplo: "Na entrevista, quizais falar máis amodo."
Nota verde: a miña achega. Participarei na sección (noticia, debate ou entrevista). Achegarei unha idea ou debaterei un punto. Exemplo: "Non creo que o xadrez sexa un deporte, pero a entrevista foi interesante."
Tamén comentarei no foro
Entrarei no foro ou espazo en liña. Buscarei os traballos dos outros grupos. Deixarei un comentario escrito para cada un. No comentario poñerei:
Algo positivo: "Parabéns polo debate! Argumentos moi claros."
Unha suxestión construtiva: "Para a noticia: engadir unha frase dun entrevistado."
Unha pregunta (opcional): "Por que elixistes ese personaxe?"
Audio
Normas a ter en conta
Normas para interactuar cos compañeiros e compañeiras:
Escribimos con educación e respecto. Respectando a gramática e a ortografía.
Lemos ben o que escribimos antes de envialo ou de poñelo. Lembrade que estamos a falar do traballo dos compañeiros e das compañeiras.
Non usamos só maiúsculas (parece que estamos a berrar!) e evitamos o uso de emoticonas.
Respondemos os comentarios que nos fagan dunha forma amable e entendendo que son críticas construtivas.
Lectura facilitada
Ao comentar os traballos dos demais, seguirei unhas normas básicas:
Escribirei sempre con educación e respecto.
Coidarei a gramática e a ortografía.
Lerei moi ben o que escribo antes de envialo. Debo lembrar que é o traballo dos compañeiros e compañeiras!
Non usarei só maiúsculas, para non parecer que berro.
Evitarei usar emoticonas.
Responderei os comentarios que me fagan dunha forma amable.
Entenderei que esas opinións son críticas construtivas para mellorar.
Estas son as miñas normas para que a interacción sexa sempre boa!