A nosa radio-televisión

Pensando en dar unha resposta a esta situación, imos realizar unha serie de minirretos que nos axudarán a aprender como comunicarnos en cada un dos diferentes medios e que nos levarán paseniño ao obxectivo final desta situación de aprendizaxe, a creación dunha plataforma na que poidamos expresarnos e poidamos ser escoitados:
Minirreto 1:
- Convertédevos en xornalistas e creade unha noticia de prensa escrita.
Minirreto 2:
- Creade un pequeno programa de podcast no que faledes de cousas que vos interesan a vós como nenos e nenas. Deberedes ter en conta todas as características e aspectos esenciais dun podcast.
Minirreto 3
- Elaborade un pequeno programa audiovisual no que se integren imaxe e son. Sendo esencial a elaboración dun guión e unha preparación previa.
Reto final
- Empregando o traballo feito durante todos os retos creade unha plataforma dixital na que o alumnado sexa o protagonista e nela poida expresarse e falar das cousas que lle interesan e importan.
Para cada minirreto ofrecerásevos a posibilidade de elaborar o produto seguindo tres modalidades diferentes, para que escollades a máis axeitada dependendo das vosas preferencias. Así, existirías as modalidades de minirreto físico (en papel), de minirreto mixto (combina papel e dixital) e de minirreto dixital (en dixital). Para terminar, no reto final tamén se vos ofrecerán estas tres modalidades de reto.
Lectura facilitada
Para responder a esta situación, faremos uns retos.
Estes retos axudaranos a aprender a comunicarnos.
Aprenderemos a usar diferentes medios.
Así chegaremos ao noso obxectivo final.
O obxectivo é crear unha plataforma.
Nesa plataforma poderemos expresarnos.
Poderemos ser escoitados.
- Reto 1: Xornalistas
Convertereime en xornalista.
Vou crear unha noticia de prensa escrita.
- Reto 2: Podcast
Vou crear un pequeno programa de podcast.
Falarei de cousas que nos interesan aos nenos.
Terei en conta o que é importante nun podcast.
- Reto 3: Programa audiovisual
Vou facer un pequeno programa con imaxe e son.
É importante facer un guión.
Terei que preparalo antes.
- Reto final: Plataforma dixital
Usarei o traballo de todos os retos.
Vou crear unha plataforma dixital.
O alumnado será o máis importante nela.
Alí poderemos expresarnos.
Falaremos das cousas que nos interesan.
Falaremos das cousas que nos importan.