Saltar navegación

3. Enviamos a nosa mensaxe

Comunicámonos

Lembras cales son os elementos que conforman a comunicación? A comunicación podémola entender como transmitir unha idea, un sentimento ou algo que queiramos contar. Só hai comunicación se nos entendemos, é dicir, se o emisor emite unha mensaxe cun código coñecido polo receptor ou receptores que chega a este a través dunha canle. O código adoita ser unha lingua falada ou escrita, pero tamén poden ser lingua de signos, os sinais de tráfico e incluso as emoticonas. Tamén é fundamental entender que a canle (a vía pola que se transmite a mensaxe) e o contexto (situación na que se da a situación comunicativa), condicionan de xeito directo a comunicación.

Esquema da comunicación

Lectura facilitada

Lémbraste de como nos comunicamos?

Comunicar é transmitir unha idea.

Ou un sentimento.

Ou algo que queremos contar.

Só nos comunicamos se nos entendemos.

O emisor envía unha mensaxe.

Usa un código que o receptor coñece.

A mensaxe chega pola canle.

O código pode ser unha lingua falada.

Pode ser unha lingua escrita.

Tamén pode ser lingua de signos.

Ou sinais de tráfico.

Ou emoticonas.

É importante a canle.

É por onde vai a mensaxe.

Tamén é importante o contexto.

É a situación na que falamos.

A canle e o contexto afectan a comunicación.

Misión comunicación

É hora de poñer os coñecementos en práctica. En parellas, identificade os elementos que conforman as seguintes situacións comunicativas e completade no voso caderno unha táboa como a seguinte:

Emisor Receptor Mensaxe Canle Código Contexto

Situación 1

Situación 2

Situación 2

Situación 3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)