Saltar la navegación

SAPOCONCHO COMÚN

Emys orbicularis

Sapoconcho común
Miguel Rodríguez Esteban. Sapoconcho común (CC BY-NC-SA)

"Especie de réptil máis ameazada de Galicia, quedan menos de 300 exemplares"

DESCRICIÓN:
Tartaruga de auga doce, coa parte dorsal da coiraza (espaldar) bombeada e escura, duns 20 centímetros de longo como moito. A parte ventral (plastrón) é amarelado. Cabeza, patas, e cola escuras con pintas amareladas.
Os dedos das patas están unidos por membranas interdixitais e rematan en fortes uñas. A cola é bastante longa. Presentan dimorfismo sexual, machos máis pequenos, co plastrón algo cóncavo e cola máis longa.
Quitando as especies alóctonas que se poden ver, como a tartaruga de Florida (Trachemys scripta  elegans), só hai unha especie similar, o sapoconcho riscado (Mauremys leprosa), presente de forma natural en parte da Península Ibérica, pero as citas en Galicia é moi probable que se deban a exemplares escapados de xardíns privados ou liberados directamente polos donos, debido a  que é unha especie que foi comercializada hai tempo. Agora está totalmente prohibido.

HÁBITAT:
Masas de auga doce lentas ou de pouca corrente; lagoas, encoros, ríos e arroios lentos…Ás veces habita augas salobres de esteiros, desembocaduras de ríos e marismas.

Sapo común
Miguel Rodríguez Esteban. Sapoconcho común ao sol (CC BY-NC-SA)



COMPORTAMENTO:
En Galicia soen hibernar de outubro a marzo enterrados na lama do fondo. E se vai moita seca e calor no verán ata poden estivar.
Soen tomar o sol en lugares protexidos do vento, pero á mínima sinal de perigo mergúllanse rapidamente co conseguinte ruído, o cal nos fai detectar a súa presenza, aínda que non as vexamos directamente.

DISTRIBUCIÓN:
É o sapoconcho coa distribución máis setentrional do mundo, chegando ata Rusia. Pero é pouco común e cunha distribución moi descontinua, e con moitas poboacións illadas entre si, que abarca parte de Europa, oeste de Asia e noroeste de África. En Galicia é moi escaso, so nalgúns puntos da provincia de Pontevedra e Ourense de forma natural, máis unha poboación reintroducida coa finalidade da recuperación da especie, nas lagoas de Carregal e Vixán do Parque Natural de Corrubedo (A Coruña).

REPRODUCIÓN:
Aparéanse entre marzo e maio, e poñen de 3 a 16 ovos en xuño, que soterran en buratos escavados polas femias. Eclosionan pasados uns 3 meses, e ás veces hibernan ata a primavera seguinte.

ALIMENTACIÓN:
Aliméntanse, sempre debaixo da auga, de peixes, anfibios e invertebrados, polo que son carnívoras, a diferenza das tartarugas terrestres, que por certo en Galicia non temos de forma natural ningunha especie de tartaruga terrestre, e se hai algunha cita, se corresponde con mascotas escapadas ou liberadas polos seus donos, que, como xa podedes imaxinar, está totalmente prohibido.

Sapoconcho común
Rafa Vázquez Graña. Sapoconcho común (CC BY-NC-SA)


CONSERVACIÓN:

Especie de réptil máis ameazada de Galicia, quedan menos de 300 exemplares, motivo polo que ten un plan de recuperación co obxecto de garantir a longo prazo a supervivencia das poboacións, poñendo énfase na loita contra o impacto das especies invasoras.
Os adultos case non teñen depredadores naturais, en cambio os xuvenís si; garzas, córvidos, …
Atópase en perigo de extinción en Galicia dende o ano 2007. As súas principais ameazas son a perda de hábitat, o pequeno tamaño das poboacións e a presenza de especies exóticas invasoras como a tartaruga de Florida (Trachemys scripta  elegans), que ademais de competir polos recursos, tamén trouxo consigo un parasito (Spirorchis elegans) letal para o noso sapoconcho. Asemade sofren os incendios e a captura ilegal.

CURIOSIDADES:
Pode controlar o ascenso e descenso na auga coa cantidade de aire que garda nos pulmóns (que son coma dous enormes balóns xusto baixo a coiraza), e con dous depósitos que pode encher de auga. Así regula con total precisión a súa densidade, podendo incluso manterse inmóbil entre dúas augas e coa inclinación que lle pareza.

"En xullo de 2019 un veciño de Ribadavia, atopou nas ribeiras do río Avia un sapoconcho europeo,

unha femia duns cen anos!, sóubose porque as  escamas medran deixando aneis. Posteriormente foi

devolvida ao seu hábitat natural; as areeiras de San Cristovo".

O dimorfismo sexual é definido como as variacións na fisonomía externa, como forma, coloración ou tamaño, entre machos e femias dunha mesma especie. Preséntase na maioría das especies, en maior ou menor grao. Wikipedia.

Auga con máis sal cá dos ríos e menos cá dos mares.

Actividade física e crecemento en suspenso por mor das elevadas temperaturas e seca.

A hibernación é a capacidade suficiente que teñen certos animais para adaptarse a condicións climáticas extremadamente frías, pode asemellarse a un estado de hipotermia durante algúns días, semanas ou meses, o cal lles permite conservarse durante o inverno. Durante a hibernación o metabolismo dos animais decrece ata un nivel moi baixo, ademais de ter unha temperatura corporal e unha frecuencia respiratoria inferior ao normal. Durante este período utilizan as reservas enerxéticas almacenadas nos seus corpos durante os meses máis cálidos. Wikipedia.

Relativo ao norte.

Organismo que vive a expensas doutro ao que lle causa dano, incluso a morte.

Completar:

Non todas as palabras que podedes elixir son correctas, hai de máis, atentos.

Miguel Rodríguez Esteban. Sapoconcho común (CC BY-NC-SA)

É o réptil máis de Galicia. Ten na cabeza, patas e cola unhas  pintas sobre fondo negro moi rechamantes. Gústanlle as augas doces de correntes , e os lugares protexidos do , pero pode chegar a habitar augas . Aliméntanse sempre da auga, de peixes, anfibios e invertebrados, polo que son carnívoros. No verán cando vai moita seca poden .
É o sapoconcho coa presenza máis setentrional do mundo, chegando ata . Pero é pouco común e cunha distribución moi . En Galicia é moi , só nalgúns puntos da provincia de Pontevedra e de forma natural, máis unha poboación reintroducida no Parque Natural de Corrubedo na provincia de Coruña. Esta especie atópase en perigo de extinción en Galicia dende o ano ; quedan menos de exemplares. Un dos seus principais problemas é a presenza de especies exóticas invasoras, como a .

Habilitar JavaScript