Zeus faber
"Inconfundible pola súa gran aleta dorsal de radios espiñentos e o gran lunar escuro rodeado de
amarelo en cada costado".
Corpo comprimido lateralmente, co dorso alto e as mandíbulas prominentes. A súa cor é de amarelo a verde agrisado.
Sen escamas, salvo na liña lateral que por certo é curvada.
Pode proxectar as mandíbulas sobresaíndolle da boca, o que lle vén estupendo para cazar pequenos peixes e crustáceos, xa que non é bo nadador.
E un peixe de carne moi apreciada polos humanos. Pode chegar aos 5 quilogramos de peso.
"Unha lenda di que san Martiño colleu este peixe, e ante os laios que daba e o feo que era,soltouno,
deixándolle a marca dos dedos no corpo do peixe, de aí a mancha dos costados".
Órgano sensorial para detectar o movemento e as vibracións da auga circundante, o que axuda o peixe a evitar colisións, a orientarse en relación ás correntes de auga, e localizar a presa. Wikipedia.