Saltar la navegación

CABALIÑO DE MAR NARIGUDO

Hippocampus guttulatus

Cabaliño de mar narigudo
Colón de Cangas. Cabaliño de mar narigudo (CC BY-NC-SA)

"A diferenza da maioría dos peixes, as femias dos cabaliños depositan os ovos nunha especie de

bolsa que os machos teñen no abdome"

Esta é unha das dúas especies que poden verse en augas galegas, a outra é o cabaliño de mar común (Hippocampus hippocampus), de cabeza e

Cabaliño de mar narigudo camuflado
Colón de Cangas. Cabaliño de mar narigudo camuflado (CC BY-NC-SA)


cola máis curta e sen as expansións corporais a modo de ramas que leva o narigudo, o cal aumenta a camuflaxe entre as algas como podedes ver na imaxe da dereita, por certo, atopades ao cabaliño?. A coloración varía duns exemplares a outros; verdes, amarelados, marróns, con pintas...imitando normalmente o entorno no que habitan.

Ten un pescozo flexible e a aleta caudal está modificada en forma dunha cola prénsil que lle permite suxeitarse ás algas e plantas mariñas mantendo unha postura erguida. As aletas peitorais e a dorsal son moi tenues e con forma de abano.

Poden mover cada ollo de xeito independente. Nadan lentamente movendo a súa aleta dorsal. Avanzan apenas 300 centímetros nun minuto.
A diferenza da maioría dos peixes, as femias dos cabaliños depositan os ovos nunha especie de bolsa que os machos teñen no abdome. Xusto no momento en que entran na bolsa, o macho fertilízaos. O macho coida e transporta os ovos durante a incubación. Trala eclosión, expulsa aos pequenos bombeándoos dende o seu interior mediante contraccións; proceso que dura ata varias horas e semella un parto… Non son os únicos nas nosas costas con este tipo de reprodución, tamén fan así as agullas de mar, que pertencen á mesma familia que os cabaliños.

Voraces depredadores de zooplancton, non teñen dentes, succionan enteiras as pequenas presas mediante un rápido movemento da cabeza.
A Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas (CITES, nas súas siglas en inglés) sitúa a todas as especies de cabaliños de mar do mundo no seu Apéndice II, onde se consideran a piques da extinción, a non ser que se controle o seu comercio, unha das grandes ameazas desta especie. Cada ano captúranse 20 millóns de cabaliños de mar para ser empregados como remedio na medicina tradicional chinesa, a pesar de non ter ningunha base científica.


"Especie con moita presenza na mitoloxía, analizando o seu nome científico vemos que en grego

hippos significa cabalo e Kampos monstro mariño. Na mitoloxía grega estaban vinculados ao deus

Poseidón, que viaxaba nun carro tirado por cabaliños de mar. E os seus fillos, Tritón e Amphirita,

tamén tiñan cola de cabalo de mar".


O zooplancton é o plancto formado maioritariamente por especies animais, que pode estar presente na auga doce ou no mar, sendo o plancto á agrupación de organismos moi pequenos que se desprazan de modo pasivo pola auga, é dicir, flotando. https://definicion.de/

Que características do cabaliño de mar narigudo apreciades neste vídeo?

Pregunta

Despois de ler o texto do cabaliño de mar narigudo e ver o vídeo que vén a continuación -gravado preto das Illas Cíes- tedes que elixir todas as características propias do cabaliño que se poidan apreciar no vídeo, isto é, se no vídeo non se ve esa característica, a pesar de ser certa, non a podedes seleccionar.

Colón de Cangas. Cabaliño de mar narigudo (CC BY-NC-SA)


Respuestas

Presenta expansións corporais a modo de ramas  que aumenta a camuflaxe entre as algas.

Ten unha cola prénsil que lle permite suxeitarse ás algas.

Succionan enteiras as pequenas presas mediante un rápido movemento da cabeza.

Nadan lentamente movendo a súa aleta dorsal.

Retroalimentación