Anguis fragilis
"O nome específico de “fragilis” fai referencia á facilidade coa que desprende
a cola en caso de perigo”.
DESCRICIÓN:
Corpo cilíndrico, normalmente duns 20 centímetros de lonxitude contando a cola, pero pode acadar maiores tallas. Escamas moi lisas. Cor
variable entre grises e pardos. Hai dimorfismo sexual, os machos adultos soen ser uniformemente agrisados e as femias marróns, cunha liña dorsal lonxitudinal escura, como os xuvenís pero menos marcada, costados tamén escuros e ventre negro, os machos son máis pequenos cás femias e de cabeza máis ancha, e poden ter nos laterais manchas azuis brillantes.
Xuvenís cunha coloración moi característica e rechamante, xa que locen un dorso prateado ou dourado cunha liña central negra.
Especie moi lonxeva, ata 40 anos en estado silvestre.
HÁBITAT:
Gústanlle lugares húmidos e con vexetación, sendo a especie menos termófila dos nosos saurios. Hábitats típicos son as praderías, pasteiros, bordos de camiños e cultivos.
COMPORTAMENTO:
Animal de movementos lentos, cunha vida en xeral bastante discreta, oculta entre a vexetación e follaxe. Presentan maior actividade no crepúsculo e pola noite.
Activos en xeral de febreiro a novembro, aínda que depende da climatoloxía. Soen hibernar os meses máis fríos, ben agochados, e ás veces en grupo, incluso numeroso, téñense atopado agrupacións de ata 100 escánceres, e incluso xunto a outras especies variadas de hérpetos (sapos, píntegas, lagartos, …)
DISTRIBUCIÓN:
Distribuído por gran parte de Europa. En España só presente cara ó terzo norte. Moi común en Galicia, salvo nas zonas máis secas. Pero pasa bastante desapercibido.
REPRODUCIÓN:
Aparéanse na primavera, os machos morden ás femias no pescozo durante a cópula deixándolles uns sinais observables.
Especie vivípara, isto é, paren crías xa completamente formadas, entre 3 e 20 normalmente. Ao ser vivíparas, a xestación lévalles máis tempo, entre dous meses e medio e tres.
ALIMENTACIÓN:
Invertebrados e larvas en xeral.
CONSERVACIÓN:
Como predadores naturais; cobras, lagartos e aves como o miñato e o lagarteiro, e mamíferos como o xabarín e o raposo.
Confundidas con serpes, seguen a ser matadas pola xente, cando son totalmente inofensivas, como a maioría das serpes, e nin que dicir ten, que todos os réptiles están protexidos sendo ilegal e polo tanto sancionable calquera molestia que lles poidamos ocasionar.
As principais ameazas son, coma case sempre, a destrución do hábitat, uso de praguicidas, incendios e atropelos nas estradas.
CURIOSIDADES:
Máis emparentados cos varanos, como o dragón de Komodo e o monstro de Xila (os únicos lagartos velenosos do mundo) que co resto dos saurios. Pero o escáncer non é velenoso.
ACTIVIDADES:
Parece unha cobra, pero realmente é un lagarto que por evolución perdeu completamente as patas, e como o podedes comprobar? porque ten características que os ofidios non posúen, algunhas observables externamente, como por exemplo ter a cola longa e automizable, e ter pálpebras móbiles e opacas, a diferenza de cobras é víboras, que as teñen transparentes e fusionadas á cornea.
"COIDADO COA COLA!! é de vital importancia para eles, xa que constitúe un
mecanismo de defensa fronte a predadores, pois ante un ataque, se o
predador os colle por esta parte, ao desprenderse dela, saen con vida. Así
que se a perden, tamén perden esa oportunidade de saír airosos no próximo
ataque dun predador. E non só iso, tamén supón unha reserva de graxa que
precisan para vivir e reproducirse en boas condicións, e rexenerala é moi
custoso enerxeticamente, de feito perder a cola pode supoñer non reproducise
ese ano, posto que tiran desas reservas para producir os ovos. Así que moito
coidado con molestalos e non collelos, xa que se sentirán en perigo e
desprenderán a cola".
O dimorfismo sexual é definido como as variacións na fisonomía externa, como forma, coloración ou tamaño, entre machos e femias dunha mesma especie. Preséntase na maioría das especies, en maior ou menor grao. Wikipedia.
Especie adaptada a soportar altas temperaturas.
A hibernación é a capacidade suficiente que teñen certos animais para adaptarse a condicións climáticas extremadamente frías, pode asemellarse a un estado de hipotermia durante algúns días, semanas ou meses, o cal lles permite conservarse durante o inverno. Durante a hibernación o metabolismo dos animais decrece ata un nivel moi baixo, ademais de ter unha temperatura corporal e unha frecuencia respiratoria inferior ao normal. Durante este período utilizan as reservas enerxéticas almacenadas nos seus corpos durante os meses máis cálidos. Wikipedia.
Calquera especie de anfibio ou réptil.
Calquera substancia destinada a previr, destruír, atraer, repeler ou combater calquera praga, incluídas as especies indesexadas de plantas ou animais, durante a produción, almacenamento, transporte, distribución e elaboración de alimentos, produtos agrícolas ou alimentos para animais, ou que poida administrarse aos animais para combater ectoparásitos. É sinónimo de pesticida e fitosanitario. Wikipedia.
Réptil escamoso sen extremidades e corpo alongado (serpes).
A autotomía caudal é un mecanismo pasivo de defensa dalgúns réptiles e dalgúns anfibios no que se desprenden de parte da cola tendo así a posibilidade de fuxir ante un depredador. Poden rexenerala aínda que o aspecto é diferente á orixinal.