COLABORA
Colabora no coñecemento dos mamíferos de Galicia
Para conservar é preciso coñecer as especies, este coñecemento en Galicia é escaso. Estase a recoller información de mamíferos nestas asociacións onde podes colaborar:
Colabora no coñecemento das aves de Galicia
En Galicia temos unha asociación dedicada exclusivamente ás aves da nosa terra, á observación, ao estudio e á conservación delas e os seus hábitats, a SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía), na que podes colaborar, informarte e participar das súas actividades.
A nivel nacional está a SEO (Sociedade Española de Ornitoloxía), moi recomendable a guía de aves que ten na súa web.
WWF (World Wildlife Fund), coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, ofrecen un voluntariado ambiental nas Illas Cíes coas aves mariñas mergulladoras, pero hai que ser maior de idade.
En Galicia hai moitas asociacións con proxectos nos que se pode participar, como o proxecto Noucho, do Grupo Naturalista Hábitat, no que se pode colaborar enviando citas de moucho.
É importante buscar aquelas colaboracións que podemos facer na nosa contorna, dirixíndonos ás asociacións que temos máis preto.
Tedes a continuación os enlaces.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0