Saltar la navegación

PINTAFONTES VERDE

Triturus marmoratus
Pintafontes verde
Belén L. Arenal. Pintafontes verde (CC BY-NC-SA)

"Éo máis grande das tres especies de pintafontes que temos en Galicia".

DESCRICIÓN:

Pode chegar aos 16 centímetros de longo. Inconfundible non só polo tamaño, senón tamén pola súa cor, xaspeado a manchas verdosas e negras. Os machos son algo máis pequenos que as femias, coma na maioría dos anfibios. No período nupcial, os machos distínguense moi ben, xa que no celo desenvolven unha crista moi rechamante que percorre lles o lombo, dende o final da cabeza ata a punta da cola, o resto do ano tamén a teñen pero moito menos evidente. Femias e xuvenís,  no lugar da crista, presentan unha liña alaranxada que manteñen todo o ano.

Pintafontes verde
Belén L. Arenal. Pintafontes verde (CC BY-NC-SA)

 

HÁBITAT:

Como a maioría dos pintafontes, teñen dous modos de vida ao ano, a fase acuática, e a terrestre. Na acuática, o seu hábitat consiste en augas permanentes, pouco profundas e tranquilas; charcas, remansos de ríos, … na fase terrestre habitan espazos con vexetación onde protexerse, pero normalmente non se afastan moito da auga.

COMPORTAMENTO:

Nocturno, sobre todo na fase terrestre. Áxil na auga e algo torpe na terra. Como moitos anfibios, teñen un mecanismo de defensa consistente en segregar substancias irritantes a través da súa pel, que chegan a verse como pequenas pinguiñas brancas polo corpo, pero sobre todo nas parotoides e na cola. Tamén pode adoptar unha postura de defensa alzando a cola.

DISTRIBUCIÓN:

Endemismo franco-ibérico, aínda que na Península Ibérica só está presente na metade norte. En Galicia está ben distribuído por todo o territorio.

REPRODUCIÓN:

A partir dos 3 anos xa poden reproducirse, o celo vai de novembro a maio, meses nos que machos e femias acoden ás charcas para tal fin. Despois do cortexo, o macho depositará o espermatóforo, que será recollido pola femia coas patas traseiras e introducido na cloaca. Fecundados os ovos, as femias poñerán entre 150 e 400 ovos, que adhiren á vexetación da charca axudándose coas patas posteriores.

ALIMENTACIÓN:

Na fase acuática pequenos insectos, ovos e larvas doutros anfibios, …

Na fase terrestre tamén pequenos invertebrados que capturan coa boca ou proxectando a súa lingua.

CONSERVACIÓN:

É unha especie bastante común en Galicia, pero como a maioría dos anfibios, as principais ameazas polas que se ve afectado son a destrución do hábitat e a contaminación. 

Tamén especies invasoras como o cangrexo de río americano e peixes introducidos acaban con moitas postas e larvas destes e de tantos outros anfibios.

Outro factor destacable son os atropelos nas estradas cando migran aos lugares de reprodución.

Son depredados principalmente por cobras de auga e aves como garzas e cegoñas

CURIOSIDADES:

Bastante lonxevos para o seu tamaño, tense atopado exemplares na natureza de ata 18 anos de idade

Se realmente amas a natureza, atoparás a beleza en todas partes

Vincent van Gogh

 

Dúas glándulas que soen ter a maioría das especies de anfibios detrás dos ollos.

Masa de espermatozoides producida polos machos das píntegas e dos pintafontes.

En anatomía animal, a cloaca é unha cavidade aberta ao exterior,a cal brinda protección ao sistema dixestivo e excretor para a expulsión de refugallos, situada na parte final do tracto dixestivo, á que conflúen tamén os condutos finais dos aparellos urinario e reprodutor. Está presente en determinadas especies de vertebrados: en todas as aves, anfibios e réptiles, así como nalgúns peixes ( condrictios) e mamíferos ( monotremas e marsupiales).

A ver que lembrades:

Lede e completade o seguinte texto:

  •     É a especie de pintafontes máis que temos en Galicia.

  •     Inconfundible cor a manchas negras e .

  •     Os machos teñen unha polo lombo cando están en período nupcial, as femias e os xuvenís non a teñen nunca, pero si presentan todo o ano unha alaranxada no lombo.

  •     Para defenderse, poden segregar irritantes a través da súa pel, que chegan a verse como pequenas brancas polo corpo.

  •     As femias poden poñer entre 150 e ovos.

  •      O de río americano e os peixes introducidos acaban con moitas postas e larvas destes e de tantos outros anfibios.

 

Habilitar JavaScript