Saltar la navegación

Obxectivos

 
  • Coñecer especies de fauna galegas comúns ou características por algún motivo: endémicas, vulnerables, en perigo ou conflitivas co ser humano.
  • Empregar o  Catálogo Galego de Especies Ameazadas de Galicia como iniciación no tratamento legal da nosa fauna.
  • Describir e diferenciar especies con propiedade empregando a terminoloxía específica de cada grupo.
  • Amosar a problemática das especies invasoras.
  • Diferenciar os termos de: invasor, alóctono e autóctono.
  • Entender as migracións e variacións estacionais.
  • Abrir os ollos á natureza, descubríndoa con curiosidade e entusiasmo.
  • Construír e instalar  estruturas que favorezan á fauna.
  • Consultar guías de natureza, tanto en soporte de papel como dixital, ca fin de identificar especies.
  • Recoñecer restos e/ou rastros de fauna sen danar o medio.
  • Rexistrar as observacións nun caderno de campo ou a través de gravacións e compartir os datos co grupo.
  • Chegar a identificar no campo , por observación directa ou detección indirecta especies de fauna galega observable na contorna do alumnado.
  • Recompilar información sobre a fauna na cultura popular na contorna.
  • Recoñecer, valorar e gozar o benestar que nos proporciona a natureza a todos os niveis.
  • Concienciar do beneficio persoal e social de participar na defensa da natureza.
  • Coñecer asociacións, entidades e proxectos nos que poder colaborar na defensa da natureza.
  • Permitir a aprendizaxe a través das TIC con recursos audiovisuais.