Os anfibios no Catálogo galego de especies ameazadas:
Vulnerable ( 7 especies)
- Píntega rabilonga, Chioglossa lusitanica
- Ra da veiga, Discoglossus galganoi (poboacións insulares)
- Estroza, Hyla molleri
- Sapo de esporóns, Pelobates cultripes
- Ra patilonga, Rana iberica
- Ra vermella, Rana temporaria
- Píntega común, Salamandra salamandra
A sistemática é unha área da bioloxía encargada de clasificar ás especies a partir da súa historia evolutiva ( filogenia). Ocúpase da diversidade biolóxica nun plano descritivo e nun interpretativo. Wikipedia.
A xenética molecular (non confundir coa bioloxía molecular) é o campo da xenética que estuda a estrutura e a función dos xenes a nivel molecular. A xenética molecular emprega os métodos da xenética e a bioloxía molecular. Denomínase desta forma para diferenciala doutras ramas da xenética como a xenética ecolóxica e a xenética de poboacións. Wikipedia.