Saltar la navegación

RAIA RISCADA

Raja undulata

Raia riscada
Colón de Cangas. Raia riscada (CC BY-NC-SA)

A familia das raias conta con máis dunha ducia de especies nas augas galegas”.

As raias son peixes cartilaxinosos, máis emparentados coas quenllas que cos verdadeiros peixes planos (orde pleuronectiformes) coma as

Acedía
Colón de Cangas. Acedía (CC BY-NC-SA)


acedías, meigas, rodaballos e linguados, único grupo de vertebrados de corpos asimétricos. Nadan de lado, coa cara escura na parte superior e a clara na inferior, pero estas caras non se corresponden co dorso e co ventre como podería parecer, senón ao lado dereito e ao esquerdo, xa que cando medran se esmagan dun lado a outro, e non de arriba a baixo, ao tempo que o lado que non vai apoiado no fondo, adquire cor.
Amosar tons escuros na parte superior e claros na inferior é unha adaptación á luz do contorno,  que teñen en xeral os peixes, así dende arriba están camuflados  coas cores da contorna, e dende abaixo pasan inadvertidos fronte á luz solar que ilumina a superficie do mar.

Teñen os ollos no mesmo lado da cabeza, pero non é así cando nacen; as larvas e alevíns dos verdadeiros peixes planos nadan preto da superficie, os seus corpos son simétricos, cun ollo a cada lado, pero a medida que medran ten lugar a metamorfose, que segundo a especie pode durar semanas ou meses, período no que un ollo vai migrando cara o lado contrario da cabeza, ao tempo que a aleta das costas se despraza ata o ollo que se moveu, volvéndose escuro o flanco que leva os dous ollos.

As raias , aínda que non son da familia dos peixes planos que se acaban de describir, chegaron tamén a esta “solución” de ser planos por evolución converxente.

Pero sigamos coas raias, todas as especies que temos de raias, teñen o corpo aplanado e de forma romboide, fociño afiado e dúas aletas dorsais na cola. A raia riscada, ten numerosas bandas sinuosas escuras sobre a pel rodeadas de puntos brancos. Vive en fondos areosos de entre 100 e 200 metros de profundidade.

Entérranse para pasar desapercibidas. Desprázanse por movementos ondulatorios das aletas peitorais, semellando voar a ras do fondo.

Bolsa de serea
Belén L. Arenal. Bolso de serea (CC BY-NC-SA)




A maioría dos peixes respiran o osíxeno disolto na auga facendo pasar esta dende a boca ata as branquias. Pero as raias pasan case  todo o tempo sobre fondos areosos, coa boca e as branquias na parte inferior do corpo, en contacto coa area. Para solucionar isto, teñen varios orificios na cabeza, os espiráculos, que fan esta función, entrando por aí a auga ata a cavidade branquial onde se osixena o sangue, saíndo logo por unhas fendeduras que teñen na cara inferior.

É frecuente atopar pola praia as cascas baleiras dos ovos de raia, chamados popularmente bolsos de serea, ao principio son ámbar e co tempo escurecen, e de cada esquina sáelle unha especie de fío, que lles serven de ancoraxe nas algas. A morfoloxía destes fíos son características de cada especie de raia. No interior, o embrión desenvólvese ata ser igual aos pais pero en miniatura, momento no que sae e nada libremente.

Habitan entre os 20 e 300 metros de profundidade, pero ás veces poden verse a poucos metros da superficie (2 ou 3) recibindo a calor do sol.
Poden cazar de día e de noite, xa que localizan ás súas presas sobre todo polo olfacto.
Capturan as presas golpeándoas coas aletas peitorais antes de atrapalas coa boca.

É un peixe branco con baixo contido en graxa, cando mellor se come é na primavera, sendo as aletas a única parte comestible. E non ten espiñas, só cartilaxe.

Mentres cante o cuco non comas raia nin pulpo.

Dito popular que debe facer referencia ás vedas no verán destas especies.

 



Órgano respiratorio dos peixes e outros animais acuáticos que xeralmente se atopa nunhas fendas naturais a ambos os dous lados da cabeza.

Peixes oceánicos con aleta dorsal e con menos graxa que o peixe azul.

Que non se pode dividir en partes iguais.

Proceso evolutivo a partir do cal especies nada emparentadas acaban sendo morfoloxicamente parecidos en conxunto ou en partes, isto se debe á necesidade das especies de “resolver” un mesmo problema de adaptarse a onde viven. Corpo asimétrico: que non se pode dividir en partes iguais

Peixes planos ou evolución converxente?

Respondede as cuestións expostas despois de ler o texto e ver o seguinte vídeo filmado nos fondos das Illas Cíes.

Colón de Cangas. Peixes planos (CC BY-NC-SA)

 

  1. No vídeo saen dúas especies que si, son planas, pero unha delas non pertence realmente á orde dos pleuronectiformes, verdadeiros peixes planos, e esa especie se chama en latín .
  2. Cal é o nome completo en galego da especie que sae no vídeo na que a parte que non está en contacto coa area se corresponde realmente co dorso do animal? .
  3. Ambas especies usan a camuflaxe coa area para pasar desapercibidas? .
  4. Na raia vese, ao lado de cada ollo, un orificio que abre e pecha constantemente, estes orificios chámanse .
  5. A raia ten na cola, cara ao final, dúas estruturas que reciben o nome de .

Habilitar JavaScript