Actinia fragacea
.jpg)
"Chupasangues, mexacáns, estrugas de mar, apegóns,... estes son algúns dos nomes que reciben as
actinias en Galicia"
Celentéreo que se pode ver pegado ás rochas que quedan ao descuberto no devalo da marea. Moi frecuentes nas charcas do intermareal. Fíxanse ás rochas
.jpg)
por un disco adhesivo que lles permite facer pequenos desprazamentos se fose necesario. É unha das especies máis frecuentes de anémonas das nosas costas. A diferenza doutras, o morongo do mar presenta unhas pintiñas verdes sobre un fondo vermello que o fan parecer un amorodo, de aí o seu nome común. Parecen tomates cunha abertura pola que asoman ata 200 tentáculos retráctiles, así que cando baixa a marea acumulan auga e meten os tentáculos dentro, evitando así a deshidratación.
Os tentáculos teñen células urticantes coas que paralizan ás presas das que se alimentan; invertebrados, pequenos peixes, etc que -unha vez inmobilizados- lévanos á boca situada no centro da coroa de tentáculos.
Pero a pesar da mala fama que lles poñen algúns (chámaselles mesmo chupasangues) esas substancias urticantes só nos poderían dar algún problema se as poñemos en contacto con peles sensibles ou mucosas, así que con non o facer, todo en orde.
Podedes ver outra especie de anémona no cadro de clasificación de invertebrados, a estruga de mar ( Anemonia viridis), por certo moi apreciada para consumo en Andalucía, sobre todo rebozadas e fritas.
Adopta o ritmo da natureza; o seu segredo é a paciencia.
Ralph Waldo Emerson.
Espazo do territorio entre a marea alta e a marea baixa.




.png)
