Saltar la navegación

PEIXE PORCO

Balistes capriscus

Peixe porco
Colón de Cangas. Peixe porco (CC BY-NC-SA)

"O nome vénlle de que ao sacalo da auga gruñe coma un porco".

En castelán é o peixe ballesta, como ben indica xa o seu xénero.
Ten o corpo elipsoidal e comprimido polos costados. Mide ata 40 centímetros e a súa cor é cincenta con dúas bandas transversais escuras. Pel áspera, sen escamas, con placas óseas.

Dentes peixe porco
Belén L. Arenal. Dentes peixe porco (CC BY-NC-SA)



Esta especie antes non se vía, pero dun tempo e esta parte fíxose común no mar e tamén nas rías. Xunto ao linguado de Senegal, é  unha das especies pioneiras das chegadas doutras latitudes consecuencia do cambio climático.
Deféndese coa primeira espiña da aleta dorsal, que é moi dura e pode manter dereita.

Boca pequena na que destacan uns beizos carnosos, teñen fortes dentes cos que rompen as duras cubertas de cangrexos, ourizos, … presas habituais que consome.

Podedes observala con detalle na foto do lado, que amosa un peixe porco arribado na praia da Langosteira (Fisterra).

"Esta poderosa dentadura pode facer profundas feridas ao collelos, polo que hai que ter coidado".

Que características do peixe porco apreciades neste vídeo?

Pregunta

retDespois de ler o texto do peixe porco e ver o vídeo -gravado preto das Illas Cíes- que vén a continuación, tedes que elixir todas as características propias do peixe porco que se poidan apreciar no vídeo, isto é, se no vídeo non se ve esa característica, a pesar de ser certa, non a podedes seleccionar.

Colón de Cangas. Peixe porco (CC BY-NC-SA)

 

Respuestas

Corpo elipsoidal e comprimido polos costados.

Presenta en cada lateral 6 bandas transversais escuras.

Boca pequena na que destacan uns beizos carnosos.

Ten unha potente dentadura capaz de romper as cunchas dos moluscos, como a navalla que intenta coller.

Retroalimentación