"Pode facer picados de ata 400 Km/h".
DESCRIPCIÓN:
Ave rapaz robusta, de entre 500 e 1200 gramos; esta diferenza débese a un acusado dimorfismo sexual invertido, xa que as femias poden chegar a ser un terzo maiores cós machos, polo resto as diferenzas non son tan notables. Nos adultos destaca a extensa bigoteira negra na cara, que contrasta coas brancas fazulas, o anel amarelo que rodea os ollos negros e o seu curto pero poderoso peteiro.
Os xuvenís son pardos e con listas ventrais verticais.
HÁBITAT:
Ocupa todo tipo de espazos abertos con penedos ou cantís. Aniña nas cidades, cada vez con máis frecuencia, onde cambia os lugares altos que ocupa no medio natural polos edificios. Ademais, na cidade non lle faltan pombas que comer ...
COMPORTAMENTO:
Pode facer picados de ata 400 Km/h. Técnica que emprega para golpear ás súas presas coas garras, primeiro as localiza coa súa aguda vista dende moi alto, prega as ás, e se lanza vertixinosamente.
DISTRIBUCIÓN:
En Galicia é sedentario. No outono e inverno chegan algúns do norte de Europa.
REPRODUCIÓN:
Comeza cedo, xa en febreiro se poden ver os espectaculares voos nupciais das parellas. Aniñan xeralmente en lugares altos dificilmente accesibles. A posta soe ser de 3 ou 4 ovos que chocan ambos proxenitores durante un mes aproximadamente, aínda que lle adica algo máis de tempo a femia. Aos dous meses fan os seus primeiros voos, e independízanse.
ALIMENTACIÓN:
Experto cazador especializado en aves, sendo presa moi habitual todo tipo de pombas.
VOZ:
Fai variados chíos agudos tipo: “piiiii-piiiii”, “ki ki ki ki” ...
CONSERVACIÓN:
As súas poboacións están en aumento grazas á prohibición do uso do DDT (insecticida moi empregado o século pasado que afectou a moitas aves ao inxerilo a través das súas presas ). Outro problema é o espolio de niños, xa que é una ave moi apreciada en cetrería.
CURIOSIDADES:
O falcón foi empregado polos seres humanos xa na 2º Guerra Mundial para capturar pombas mensaxeiras. Hoxe en día tamén se usan como medida disuasoria contra as gaivotas en exceso nas cidades e tamén nos aeroportos, reducindo o risco de accidentes por colisións doutras aves coas turbinas dos avións.
Comezan as paradas nupciais, estas caracterízanse pola caza conxunta do
macho e a femia. A femia está voando preto do solo buscando unha
presa. O macho, moito máis alto, segue a operación. Tan pronto como a
femia golpea, o macho captura a peza, que entrega galantemente á súa
compañeira.
Félix Rodríguez de la Fuente, El hombre y la Tierra - "El proyectil viviente"
Chámase inverso cando a femia é mais grande que o macho.
Modalidade de caza con aves rapaces entrenadas.