Saltar navegación

Thonny un IDE amigable para Python

Instala, configura e proba o IDE para Python, THONNY

Duración:
20 minutos
Agrupamento:
Individual
Logo Thonny
wikicommons. Logo Thonny (CC0)


Practicando co programa de edición e compilador para Python Thonny
Imos aprender a traballar co IDE que compila e executa os teus programas en Python.







  1. Descarga e instala a versión adecuada do programa no teu equipo.
  2. Abre o programa clicando no acceso directo.
  3. Busca no menú o apartado "Herramientas/Tools>Opciones", e pon o idioma que precises, cores de fondo e letra,etc...
  4. Busca na barra de ferramentas donde che ofrece a opción de abrir un novo programa.
  5. Copia e pega o programa : print('Ola mundo!')
  6. Pasa o rato polos iconos da parte superior da barra de ferramentas e busca a opción de executar.
  7. Comproba o funcionamento.
  8. Garda o programa co nome "olamundo".
  9. Accede á carpeta donde se gardou e comproba que se creou un arquivo .py
  10. Agora proba a documentar o programa facendo comentarios con #
Ola mundo con Thonny
Creación propia. Ola mundo con Thonny (CC BY-SA)