Saltar navegación

Como darlle forma a un algoritmo?

Diagrama de fluxo

Como xa sabes un algoritmo describe unha secuencia de pasos para realizar unha tarefa.

O Diagrama de Fluxo é a súa representación esquemática. Os diagramas de fluxo representan a secuencia lóxica ou os pasos que temos que dar para realizar unha tarefa mediante uns símbolos e dentro deles descríbense os pasos que ten que realizar.

Polo tanto son unha excelente ferramenta para comprender o proceso a seguir, así como para identificar posibles erros antes do desenvolvemento final da tarefa.

Úsanse para: antes de facer un programa informático, analizar o que ten que facer un robot, nos procesos industriais, etc.

Un diagrama de fluxo é útil en todo aquilo que se necesite unha previa organización antes do seu desenvolvemento.

Na realización dun programa informático é imprescindible primeiro realizar o diagrama de fluxo, independentemente da linguaxe de programación que usemos despois. Unha vez que temos o noso diagrama de fluxo só teremos que coñecer as ordes da linguaxe que realizan esas tarefas.

Exemplo:diagrama de fluxo do cruce de rúa

Diagrama de fluxo do cruce dun semáforo
Exemplo diagrama de fluxo do cruce dun semáforo
Creación propia. Diagrama de fluxo do cruce dun semáforo (CC BY-SA)